A Mariña, 07 de outubro de 2014.- Os responsables do Partido Popular da Mariña, alcaldes e portavoces municipais mantiveron un encontro coordinado polo secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, durante o cal quixeron facer unha valoración da visita onte da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para explicar aos profesionais sanitarios e medios de comunicación as liñas mestras entorno ás que se desenvolverá a ampliación do Hospital da Costa.
MÁIS QUE UNHA SIMPLE AMPLIACIÓN: REMODELACIÓN INTEGRAL
Os populares salientaron que o proxecto que impulsa o Goberno galego “non se trata dunha simple ampliación”, porque ademais da creación dun novo parking, que triplicará as prazas de aparcamento dispoñible, e das novas edificacións “que sumarán máis de 4.000 metros cadrados de espazos asistencias”, desenvolverase tamén unha ampla remodelación nos edificios actualmente existentes.
“Ampliaremos e remodelaremos o hospital e, como resultado teremos un centro máis espazoso, con calidade e capacidade para resolver varios retos, como son os que representa a nova unidade de diálise, o hospital de día, o novo acceso para os pacientes, a mellora a circulación interior ou a disposición de máis habitacións… entre outras melloras”-sinalou Jose Manuel Balseiro.
RESPALDO ORZAMENTARIO
Os populares tamén valoraron o anuncio efectuado pola titular do departamento autonómico de Sanidade cando explicou que o ano próximo, en 2015, nos orzamentos da Xunta, figurará unha partida para a ampliación do hospital o que, sinalan, “blinda esta actuación”. Neste senso Balseiro insistiu que, no cronograma exposto pola conselleira, prevese licitiar nos primeiros meses de 2015 as obras e posteriormente adxudicalas e, con anterioridade, presentarase a redacción definitiva do Plan director, isto é, do proxecto construtivo do centro, que está aberto ás achegas dos profesionais, que será en todo momento consulados.
Para Balseiro o Goberno galego está centrando os esforzos “en facer un hospital público moderno, innovador e de futuro” para A Mariña ata tal punto que, en tempos de crise a Xunta “quere facer posible o maior investimento hospitalario da historia de nosa comarca”.
O secretario xeral dos populares lucenses quixo alcarar que a valoración final das obras superará amplamente os 19 millóns de euros,” xa que logo aos 12 millóns nos que está orzamentada debe sumarse o IVE, o beneficio empresarial e outras melloras”. Pero é que ademais, tanto os novos edificios como os novos servizos “deben ser equipados, con mobiliario e tecnoloxía, e con máis persoal, que permitirá a creación de novos postos de traballo, polo que o investimento será moito maior”.
CONFIANZA EN FEIJÓO
Os populares da Mariña reafirman a súa confianza no Presidente Feijóo, no Goberno da Xunta e no seu compromiso co Hospital que, lembran xa se ten materializado nestes últimos anos con máis de 2,2 millóns de euros en investimentos.
“Falamos de feitos como a nova ala de maternidade e xinecoloxía, a nova sala de endoscopias dixestivas, a adaptación de novos espazos en urxencias, a posta en marcha do servizo de hospitalización a domicilio, a obra a dos quirófanos ou a nova área dedicada a tratamentos de quimioterapia, … entre outros”- dixo Balseiro.
ESIXE Á OPOSICIÓN E AFÍNS QUE NON SEXAN UN OBSTÁCULO
Finalmente os populares cualificaron de “traizón á Mariña” que os partidos da oposición e sindicatos “poñan obstáculos e sementen dúbidas” anta unha infraestrutura sanitaria “histórica para a comarca”, e que permitirá mellorar a atención da saúde de todos os veciños da Mariña. Os populares sinalan que desde a oposición deberán pedir por tantos anos de engano, cando daban por feito o peche do hospital e volven a reclamar que “non poñan paos nas rodas para que esta futura ampliación sexa unha realidade”.
Balseiro volveu a insistir, fronte a desconfianza da oposición que “hai proxecto, hai orzamento … Hai que ter en conta que a Xunta asumiu o compromiso formal da ampliación e remodelación do hospital público da Mariña a pesares da comprometida situación económica e do investimento cero que herdamos do bipartito, incapaz de facer unha soa obra.
O secretario xeral dos populares lucenses rematou sinalando que “nunca antes avanzamos tanto, nunca antes a ampliación e remodelación do hospital estivo tan próxima, ata o punto de que este investimento asegura a viabilidade do centro e converte a un hospital comarcal nun centro con características dun hospital xeral, e máis de 500 traballadores ao seu servizo”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



