Santiago, 14 de outubro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu que tanto o Ministerio como a Xunta de Galicia “teñen actuado desde o minuto cero” en apoio dos sectores afectados polo veto ruso aos produtos alimentarios europeos e defendeu as medidas específicas que se teñen previsto impulsar no ámbito concreto do sector da pesca.
Os populares rexeitaron deste xeito a iniciativa do Grupo Socialista formulada na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia porque “é unha petición que chega tarde”, cando reclama medidas que “xa foron aprobadas polas administracións ou que están en pleno desenvolvemento”.
MEDIDAS EN APOIO DO SECTOR DA PESCA
Balseiro foi moi crítico cos socialistas aos que acusou de “buscar simplemente un titular”, desprezando todo o traballo feito en apoio destes sectores. “O verdadeiro titular é que o PSOE galego non traballa, porque do contrario saberían que o Goberno esta levando acabo todas as medidas necesarias para dar unha solución á situación descrita, aplaudidas incluso desde a Junta de Andalucía”, indicou.
Balseiro explicou que a Xunta impulsa, co Goberno de España e o resto das comunidades de autónomas, un catálogo de medidas variadas entre as que están as dirixidas á apertura de novos mercados alternativos para os produtos alimentarios vetados (internacionalización); a constitución de Grupos de Traballo entre as diferentes administracións e por sectores, para ir detectando impactos en cada mercado e presentando medidas acordes a cada incidencia; ou as axudas directas para a retirada de produtos agrícolas.
No ámbito particular da pesca, Balseiro destacou que se está a facer un “arduo traballo” e destacou as medidas de asistencia financeira e flexibilidade, como as dirixidas a aprazar ao ano próximo ata nun 30% das súas posibilidades de pesca, ou o estudo de axudas ao almacenamento privado de especies, como o marujito, que captura a flota viguesa no Atlántico Suroccidental e para o que hai disposto un fondo que conta con 45 millóns de euros que permitirían á flota apartar a súa produción non perecedoira ata identificar novos mercados para a súa distribución.
EN GALICIA, UN MENOR IMPACTO DO VETO
O portavoz do Mar do Grupo Popular sinalou que en Galicia o impacto total do veto é menor que no resto de España, xa que se destina a Rusia o 0,07% do total de exportacións de produtos alimentarios, na súa maioría, procedentes da pesca
Pola contra, no conxunto de España o ámbito máis prexudicado é o dos produtos da horta, polo volume de exportacións e o seu carácter perecedoiro. Neste caso, España destina a Rusia o 1,8% das exportacións dos produtos agroalimentarios e pesqueiros que se envían a todo o mundo.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



