Desgraciadamente, nos últimos tempos só escoitamos falar de cifras. Cifras que falan, cifran que demostran, cifras que xustifican, cifras que afogan… O problema é cando todo o que se move, se move por cifras. Cando os números, coma as árbores, impiden ver o bosque.
Señoras e señores do Partido Popular: as persoas non somos números. As traballadoras e traballadores do Hospital, cada vez menos, non son números. Son sanitari@s que miran da nosa saúde. As nenas e nenos que teñen que deixar os colexios do rural empuxados polas súas cifras, non son números. Son o futuro do noso país, que non pode ser analfabeto. As persoas enfermas que non poden pagar os medicamentos, non son números. Son, iso, persoas.
E as persoas, aquelas que teñen os cinco sentidos (ou incluso sen necesidade de telos todos) e o acompañan dese sexto sentido, que é o común; non precisan facer números máis que para chegar a fin de mes. Despois de ver como os salarios se desploman, como as empresas pechan e mandan a xente á rúa, como as prestacións sociais desaparecen, como as pensións soben, pero resulta que menos do que sobe a vida… Saben? Os números bailan nas cabezas da xente para dar dor de cabeza .
E cando a xente vai ao hospital con esa dor de cabeza, en lugar de curalo, empeora. Porque ven camas pechadas, menos persoal facendo máis horas, collen auga na fonte (porque as botellas andan caras) e pagan o ibuprofeno.
Eses son os números que a xente entende, os que a xente vive cada día, e eses son os números que teñen que xustificar as políticas. Mentres tanto, ben entendemos todas e todos con que números gobernan vostedes: cos da banca á que engordan, cos das multinacionais ás que lles renden pleitesía, cos das empresas privadas ás que lles regalan a sanidade e a educación…
Conten vostedes cos dedos dunha man (que lles chegan) as persoas que acreditan e que certifican o que vostedes venden na mellora no Hospital de Burela. E despois, falamos de números… e de realidade.
Ana Ermida
Responsábel comarcal do BNG na Mariña.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



