Alfoz, 21 de outubro de 2014.- O vindeiro día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas en Alfoz. Para facelo, a Delegación de Cultura do Concello de Alfoz organiza unha actividade de contacontos para os alumnos de Primaria do CEIP “Castro de Ouro”. Esta actividade leva por título “Contos do peto” e correrá a cargo do grupo “Cucarandainas” de Lugo. Como o seu título indica, a historia vai de contos recollidos en petos. Ata o século XVI a xente non levaba petos na roupa, o cal era perigoso, pois sen petos para gardar as cousas era máis fácil roubarlles. Os petos son lugares ideais para gardar de todo, incluídos os contos. No peto da dereita van os contos para rir e para pasalo ben; nos petos da esquerda van os contos de temer e de chorar. Así que hai que ter moito coidado cos contos que van nos petos.
O acto será no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 15,00 horas e durará uns 40 ou 45 minutos.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



