A Mariña, 2 de outubro de 2014. Emigrantes Retornados da Mariña volveron mobilizarse na comarca nesta ocasión simultaneamente con outras 16 plataformas noutra comarcas galegas. A concentración valeu para acordar a convocatoria dunha asemblea o próximo día 17 en Foz para acordar novas accións de protesta, dar información dos cambios legais producidos apos o acordo do consello de ministros do pasado 1 de agosto e unha folla de ruta de cara a reclamar a devolución das sancións e intereses cobrados tal como acordou o referido consello de ministros.
Denuncian que a pesar do recoñecemento do Ministerio de Facenda da mala praxe da Axencia Tributaria española que levou á aprobación o 1 de agosto pasado dun período de regularización sen sanción nin intereses e da devolución daquelas cantidades cobradas indebidamente, Facenda segue remitindo a membros do colectivo cartas reclamando o pago de sancións e intereses que posteriormente deberá devolver de acordo con esta modificación lexislativa.
Neste sentido acusaron ao ministro Montoro de “continuar a presión fiscal para facer caixa rápida a costa do colectivo”, non é de recibo que se nos siga cobrando sancións e intereses que o propio ministerio anula, mesmo aqueles que xa cobrou e que agora non informa como vai devolver e nega a devolución de oficio.
O colectivo mostrouse satisfeito porque a presión social foi quen de facer cambiar a actitude do ministerio abrindo período de regularización e anulación de intereses e sancións, “acollerémonos ao aprobado nese consello de ministros pero non temos nada que agradecerlle nin ao PP nin a Montoro, foi a nosa loita a que o forzou a cambiar de actitude”.
Con todo desde os colectivos seguen reclamando a modificación da lexislación fiscal sobre dous ou mais pagadores que obriga a declarar a partir de 11.000 euros de ingresos anuais mentres no caso dun pagador esta non é obrigatoria ate os 22.000, “un trato inxusto que tamén afecta a persoas en activo”.
Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



