A Fundación Eu Son de Burela en colaboración co Grupo de Espeleoloxía de Lugo (G.E.L.) realizou este sábado 4, por segundo ano consecutivo, unha actividade de espeleoloxía nas Covas do Rei Cintolo de Mondoñedo. Esta actividade contou coa presenza de catro usuarios da Fundación Eu Son e dous guías especializados de G.E.L., Miguel Freire e Gonzalo Villarmea , ambos cunha ampla experiencia neste deporte. Esta experiencia foi tremendamente positiva para todos os usuarios, que disfrutaron dunha excitante xornada de deporte de aventura no medio natural. Esta actividade, que se enmarca dentro do programa de ocio anual da entidade, demostra que unha discapacidade non é un impedimento para realizar deportes de aventura e que grazas os retos plantexados na actividade os participantes exploraron os seus propios límites, e foron plenamente conscientes das súas habilidades e capacidades.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



