Lourenzá, 27 de outubro de 2014.- Este domingo Ana e Hugo participaban como atletas de Categoria alevín nos 7 kilómetros da Pedestre de Santiago onde corrían 1600 atletas das categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil. Ana Vallines Fdez. lograba o triunfo con um tempo de 31_01 a 4,26 o ritmo promedio por kilómetro dun total de 211 participantes!!!
Pola súa parte Hugo Villalba León con un tempo de 31:38 conseguía ser 6º de 278 atletas a un ritmo promedio de 4,32. ¡!!
VI Carreira Popular Arumes do Corgo
O pasado sábado día 25 de outubro varios atletas das Escolas estiveron nesta proba cunha actuación sobresaínte a pesar de competir coa élite provinicial que ali se congregou; logrando 3 títulos individuais e um total de 6 pódiums.
Cadete/Xuvenil masculino
1.- Aarón Rivas Terrón
Cadete/Xuvenil feminino
3.- Carmen López Diniz
Alevín feminino
1.- Ainara Rodríguez Ares
Alevín masculino
1.- Alexandre Santiago López
Prebenxamín feminino
2.- Henar Méndez Piñeiro
3.- Iria Rodríguez Ares
II Solidaria de Xove a favor de Cáritas
Este domingo os atletas colaboraban nunha nova carreira neste caso solidaria a favor de Cáritas. Os Resultados foron os seguintes:
Preb/Bx. Mixto (Ata 8 anos)
2.- Diana Lastra Rivas
Alevín feminino
1.- Ainara Rodríguez Ares
2.- Hiba Bouyzar
3.- Carme Alonso Mourelle
Cadete feminino
2.- Carmen López Diniz
Vindeiras citas
A próxima competición importante da sección será o vindeiro 15 de novembro, onde Maderas Barcia participará na III Edición da Liga Galega Federada; que terá unha primeira fase provincial en Lugo (15 nov) e logo unha fase autonómica en Riazor para o campión de cada categoria provincial.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
