Burela, 2 de outubro de 2014. A sala de arte da Casa da Cultura de Burela acollerá dende mañá, venres unha exposición do Colectivo Fotográfico Imaxe con fotos realizadas polos seus socios. Anunciouno este xoves a Delegación Municipal de Cultura. É a 22ª edición desta mostra, que nesta ocasión está formada por 32 imaxes de Burela e doutros lugares da Mariña lucense. A exposición, que será inaugurada este venres ás 11 horas, estará aberta ao público ata o día 31 deste mes. Poderá visitarse de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



