A discoteca Pasos de San Cibrao acolle o venres 31 de outubro, a partir das 22.30 horas, a festa do Samaín que organiza o colectivo Os Aventados. A festa comezará coa proxección do audiovisual “Galegos e Mariñáns do Porto de San Ciprián”, unha colección de entrevistas realizadas por Pablo Mosquera e filmadas por José Antonio Abella Albo, a personaxes de San Cibrao, que polo seu papel na sociedade do século XX, saben, recordan, sinalan contan, como era a vida no Porto de San Cibrao. A organización convida ós asistentes ós tradicionais torreznos con pan e viño. Máis tarde haberá queimada. E, para rematar, música de sempre.
Festa do Samaín de Os Aventados
Festa do Samaín de Os Aventados
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo