Suso Fernández.- Un quédase perplexo cando mira o xornal e lee as declaracións, afirmacións, descalificacións e mentiras que por parte dalgún membro da corporación municipal se verten sobre feitos ou formas de actuar dos integrantes doutras formacións, anunciando a bombo e platillo obras que xa tiñan que estar feitas fai anos, circunvalación de Viveiro, PXOM, liberalización do antiguo muelle de Viveiro, etc… e sobre o que teñen que facer uns partidos ou outros.
Esto ben a colación coas declaracións efectuadas no día de onte por parte do portavoz do partido popular de Viveiro, a sazón presidente local Sr. Bouza, sobre as obras previstas para actuación do ente Portos de Galicia no antigo muelle de Viveiro. Dende iVi, indicábamos a pasada fin de semana que as prometidas obras o pasado día 9 de Setembro por dito portavoz, aínda non comenzaban nin tiñan viso delo.
Por elo queremos aclararlle varios puntos:
• O Sr. Bouza, dice que o PP, xestiona. Falso.
O PP de Viveiro o único que pon e atrancos a tódolos proxectos que serían bos para o Concello de Viveiro, e botando en contra de tódalas iniciativas para non alonxar as administracións ós administrados. ejemplos: Xulgados, tasas xudiciais, rexistros civis, oficina liquidadora, etc…
• Invita a controlar o goberno ó iVi (independientes de Viveiro). Tamén falso.
Xa o fan vostedes, pois teñen colapsada a administración local con infinidade de peticións de escritos e visitas as dependencias municipais, para seguir facendo unha oposición totalmente destructiva.
• Nos facemos as xestións e traballamos. Falso
Que nos indiquen cantas propostas e xestións levan feito dende o ano 2011. Sobran os dedos dunha man.
• O iVi parece unha prolongación de goberno. Falso
Os integrantes de iVi, non estamos no goberno porque non quixemos, pois si que tivemos ocasión pero entendimos que deberíamos estar na oposición, pois asi leimos os resultados das eleccións. O que si que tanto as proposicións do goberno como do resto dos partidos que están na oposición sempre as apoiaremos as que sexan en beneficio dos veciños. Facemos unha oposición constructiva, non partidista como a de vostedes.
• En vez de controlar, andan a vixiar o que fai o PP. Falso
Para iso xa estan vostedes, para vixiar. Dende logo nos pensamos que non seríamos tan importantes nesta lexislatura, cando gracias a nos, non acadaron os votos suficientes para acceder a alcaldía, e asi mesmo, tamen gracias a vostedes perderon a Deputación de Lugo.
Se ollamos a hemeroteca, Sr. Bouza, o día 9 de Febreiro, recien nombrado Presidente do seu partido en Viveiro, vostede manifestaba “iVi ten as portas abertas, e inviteinos a voltar”. Falso.
¿Con quen do noso partido falou vostede para tal ofrecemento? Digollo eu. Con ninguúén.
Vostede fai unha semana saía nun xornal indicando que co comer, coa sanidade e coa educación non se podía xogar, a colación coa negativa por parte de educación a enviar un profesor máis o IES Vilar Ponte.
¿Que xestións fixo vostede?, Tamén llo digo eu. Ningunha.
Vostedes son os campions mundiais nos recortes.
Dende iVi o que queremos e feitos, nin promesas incumpridas nin dimes e diretes, queremos realidades, e emprazámolos a que cambien de aptitude pois por ese camiño, van continuar moito tempo na oposición.
Un consello. Olvídense do pasado e miren cara o futuro. Dí a miña nai, “Foise quen solía e veu compañámonos”.
Cada un que saque as súas conclusións.
Suso Fernández
Vice-portavoz de iVi (independientes de Viveiro)



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



