Lourenzá, 10 de outubro de 2014. O Concello de Lourenzá pon en marcha un ano máis o seu taller de memoria. A actividade dará comezo o martes 21 de outubro e os interesados xa poden achegarse aos Servizos Sociais Municipais, situados no Torreón dos Frades, para recibir información. Paralelamente, o goberno municipal organiza para o vindeiro día 15 deste mes ás 17:00 horas unha charla explicativa sobre todo o referente a este taller de memoria. No acto tamén participarán técnicos da Cruz Vermella para dar a coñecer a todos os maiores do municipio laurentino o seu Servizo de Teleasistencia Domiciliaria.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, indicou que “o martes 21 de outubro dará comezo o taller de memoria. Unha vez máis será impartido pola mesma profesional que en anos anteriores e haberá tres grupos. Serán os martes e os mércores: os martes de 16:30 a 18:00 ou de 18:00 a 19:30, e os mércores de 17:00 a 18:30. As persoas que estean interesadas por primeira vez en acudir ao taller de memoria deberán anotarse nos Servizos Sociais no Torreón dos Frades. Non obstante, todas as persoas que durante a edición anterior acudiron ao taller de memoria serán convocadas polos propios servizos para unha charla informativa que terá lugar o vindeiro 15 de outubro ás 5 da tarde”.
A rexedora engadiu: “trátase dunha charla informativa na que, ademais de falar de todo o que é o taller de memoria así como recoller suxestións e formular cousas novas para este curso 2014-2015, contaremos coa presenza da Cruz Vermella para explicar algo que eu considero de moito interese para tódalas persoas maiores. Falarán sobre o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria. Parécenos importante que a xente maior, e sobre todo a que vive soa, coñeza este servizo e tome en consideración acceder a el ou non. Esta conferencia será aberta para tódolos maiores do noso concello e non só para a xente que está no taller de memoria”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



