A Mariña, 30 de outubro de 2014. O BNG mariñao acusou aos parlamentarios mariñaos do Partido Popular de mentir á cidadanía ao elevar as cifras de investimento na comarca, incluíndo partidas económicas destinadas a gasto corrente para o mantemento de servizos, gastos da Delegación de Pesca, centros de estudo como o Pedro Murias ou o centro de investigación mariña de Ribadeo que sen ese gasto de mantemento irían ao peche. A formación nacionalista acusa ao PP mesmo de incluír como investimento partidas económicas para a xestión de abastecementos de auga ou saneamento que despois cobra aos cidadáns vía recibos do canon de abastecemento de auga ou saneamento. Pídenlle ao PP menos euforia porque este orzamento segue sendo un 46,8% mais baixo que o último executado polo bipartito en 2008.
O BNG pediu aos dirixentes comarcais do Partido Popular que deixen de enganar á cidadanía coas cifras dos orzamentos previstos pola Xunta na comarca en 2015. A portavoz comarcal, Ana Ermida, afirmou que “cos datos na man, a cifra de investimento real da Xunta na nosa comarca para 2015 non chega aos 18 millóns de euros, case un 47% menos do último orzamento executado polo bipartito en 2008.”
A nacionalista fixo mención aos datos ás cifras das que falan os deputados Vidal Martínez Sierra e José Manuel Balseiro, “que cualificou de falsas e enganosas xa que inclúen como investimento partidas económicas que de non existir suporían o peche da Delegación de Pesca en Celeiro, o Centro de Estudos Mariños de Ribadeo, a escola Pedro Murias ou a base de salvamento de Celeiro, polo que estamos falando de gasto corrente, non de investimento real”. Na mesma liña, a formación nacionalista acúsaos de incluír como investimento gastos de xestión de plantas depuradoras en Alfoz ou Ribadeo que finalmente pagan os propios veciños e veciñas con recibos onde se inclúe o canon de saneamento que posteriormente ingresa a propia Xunta, un feito que tamén se reproduce no abastecemento de auga a Cervo e Burela e que serve para financiar a privatización da xestión do consorcio.
Ana Ermida pediu aos dirixentes populares que rebaixen a “euforia propagandista porque parecen uns grandes almacéns en época de rebaixas”, afirma, unha vez mais cos datos na man, que a Area de Xestión Integrada recorta o seu orzamento en gasto sanitario en 4,67 millóns euros para 2015 dos que 3,9 millóns corresponden a asistencia especializada e 850.000 a asistencia primaria, un novo recorte que virá a agravar aínda mais a calidade asistencial porque xa este é un recorte que se ven a sumar a outros anteriores.
Para a nacionalista, o Partido Popular está actuando a golpe de calendario electoral e non por criterios profesionais á hora de dotar de servizos sanitarios a comarca, segundo Ana Ermida, os dirixentes populares na comarca puxeron en marcha unha estratexia propagandista sen fundamento real e moi pouco seria porque anunciar a posta en funcionamento de servizos como o oncolóxico ou a Hospitalización a Domicilio sen ter estruturado e organizado os equipos de profesionais, métodos de traballo e servizos complementarios é como empezar unha casa polo tellado.
Por último, desde o BNG mariñao insisten en que os orzamentos da Xunta para 2015 non solucionan os grandes problemas existentes na comarca, “son parches deseñados en función das estratexias electorais do partido que non teñen continuidade nin solucionan o abandono histórico da comarca”. Nesa estratexia dótanse partidas económicas para o corredor entre San Cibrao e Celeiro que será unha vía morta ao non ter continuidade cara Barreiros ou cara Ferrol, o mesmo sucede co millón de euros previsto para o Hospital da Costa, claramente insuficiente cando estamos falando de que a ampliación supón un investimento de 19 millóns de euros.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



