Vitoria a domicilio do Burela Pescados Rubén ante o Móstoles que cedeu os tres puntos ao caer por 2-4 nun choque de clara cor visitante. A escuadra mariñana saíu a polo mando do partido desde o silbido inicial e Maite rendibilizou este dominio marcando aos dous minutos (0-1) de xogo. O Móstoles pasou apuros ante a fluidez ofensiva do Burela Pescados Rubén que únicamente fallou na definición. Co paso dos minutos as mostoleñas entonaronase defensivamente ante un Burela que xeraba menor perigo aínda que tampouco sufría ante un Móstoles inofensivo en ataque. Cando menos o esperaban as locais atopáronse co empate (1-1) nunha concesión do conxunto mariñao que puido resarcirse en dúas accións a balón parado pero Tainã non atopou o gol e Shiori estrelou o balón na madeira.
Na segunda parte o Burela Pescados Rubén continuou coas ideas claras e manexando o partido pero sería o Móstoles o que marcaría nunha xogada ao pivot que María Otero aproveitou para marcar o 2-1. As galegas poñían o xogo e as madrileñas mandaban no electrónico pero a reacción laranxa non tardou en chegar e Gaby, nunha gran acción individual, igualou o choque (2-2). A remontada visitante levou a firma de Claudia que tirou de oportunismo para situar o 2-3 e a sentenza definitiva chegou das botas de Jozi, xa coas locais con xogo de cinco, que marcou o definitivo 2-4 desde a súa propia portería.
Ficha técnica
Móstoles: Ana Etayo, Inma, Patri Chamorro, María Otero, Trufa -cinco inicial- Didi, Balle, Anabel.
Burela Pescados Rubén: Jozi; Peque, Maite, Lara, Gaby –cinco inicial- Claudia, Shiori, Bea Mateos, Tainã.
Goles: 0-1, min. 2 Maite; 1-1, min. 15 María Otero; 2-1, min. 22 Inma; 2-2, min. 25 Gaby; 2-3, min. 31 Claudia; 2-4, min. 39 Jozi.
Árbitros: Panadero Díaz e Mayo López. Colexio madrileño. Amosaron cartón amarelo a Trufa e Balle no Móstoles e a Peque, Shiori e Maite no Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada da Primeira División RFEF. Disputado no pavillón Villafontana de Móstoles. 100 espectadores.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
