O pleno do Concello de Riotorto celebrado na xornada deste luns aprobou por unanimidade unha proposta da Alcaldía na que se solicita demandar da Consellería de Sanidade que coa maior urxencia proceda a cubrir a praza médica vacante no Centro de Saúde de Riotorto. Segundo explicou o Alcalde de Riotorto “a totalidade da corporación apoiou esta proposta, algo que é de parabenizar, posto que indica que os grupos políticos antepoñen os intereses dos veciños ás razóns partidarias. Na liña do que acabo de indicar agradezo particularmente a posición dos representantes locais do Partido Popular que na mesma sesión do Pleno deron conta das xestións realizadas co xerente da Área Sanitaria de Lugo e coa Conselleira de Sanidade na que un e máis outro negáronse a darlle unha solución a este problema. É de destacar que segundo indicaron na propia sesión plenaria os representantes do PP, a Conselleira e máis o Xerente da Área non solo se negaron a cubrir a praza senón que deron a entender que a intención da consellería é de suprimila”.
“Chama a atención a dotación de recursos, tanto de persoal como en equipamentos, en concellos próximos e homologábeis ao de Riotorto como son Trabada ou A Pastoriza que supoñen un agravio comparativo en relación co noso concello”, indicou Estoa quen tamén afirmou “que non é necesario explicar que un efecto moi negativo que se produce é o menor tempo que o facultativo pode dedicar ó paciente ao ter que atender máis persoas en menos tempo, un tempo moito máis escaso agora xa que o facultativo ten que realizar máis visitas domiciliarias. Teñamos en conta que unha atención domiciliaria a un paciente da parroquia de Galegos precisa unha hora de viaxe en coche mais o tempo que necesita o médico para atender ao paciente. Todo isto agrávase ao producirse habitualmente urxencias médicas que é preciso atender no momento. Por todas estas razóns vemos habitualmente como os pacientes, na súa inmensa maioría veciños de idade moi avanzada, teñen que estar máis horas esperando no centro de saúde para ser atendidas a pesares de ter cita para unha hora determinada.”
O Alcalde de Riotorto reiterou a demanda xa formulada fai un mes dunha xuntanza coa Conselleira de Sanidade para atopar unha solución inmediata e duradeira ao problema que se suscita. “Non podo ocultar a miña preocupación sobre este silencio da Conselleira que se ve agravada agora polo exposto no Pleno de onte pola delegación do Partido Popular de Riotorto que se reuniu con Rocío Mosquera, xuntanza da que saíron moi preocupados tal como explicaron”.
Federico X. Gutiérrez Estoa
Alcalde de Riotorto

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



