Mondoñedo, 16 de outubro de 2014.- Tras a noticia publicada este xoves na prensa sobre a posible perda dunha axuda para Mondoñedo ao non serlle concedida á empresa a correspondente licenza municipal; o Partido Popular de Mondoñedo pídelle responsabilidades ao equipo de goberno xa que a súa desidia pode chegar a poñer en perigo investimentos e postos de traballo na localidade.
De confirmarse, polo tanto, a información feita pública pola empresa Eogal, os populares cualifican esta actitude do equipo de goberno de “indignante”. “Parece que Mondoñedo está sobrado de empresas e non existen parados como para que un equipo de goberno dun Concello se desentenda dun proxecto, que implicaría o maior investimento no municipio dende que gobernan socialistas e nacionalistas, estamos a falar de tres millóns de euros”; resaltaron os populares. “Unha vez máis estamos ante outro exemplo de falta de traballo de socialistas e nacionalistas e máis cando hai dúas persoas percibindo dedicación exclusiva”, puntualizaron os populares.
Estaban informados dende fai máis dun ano
En base aos datos aportados pola empresa, os populares destacan que o Concello estaba informado deste proxecto dende fai máis dun ano polo que consideran incomprensible esta falta de implicación. “Existe un prazo establecido e a falta de compromiso de socialistas e nacionalistas poden chegar a poñelo en perigo”.
Ante esta situación, os populares tachan esta incapacidade do goberno de inaceptable e máxime tendo en conta o momento económico no que se produce para Mondoñedo “tan necesitado de investimento e de postos de traballo”
Así, os populares pídenlle a socialistas e nacionalistas máis axilidade e compromiso para que este proxecto se poda materializar.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



