Foz, 28 de outubro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, supervisou hoxe as obras de pavimentación que se están realizando nos camiños de A Sara e Mansín, que pertencen a Marzán e Vilaxoane.
O rexedor explicou que “estes camiños unen Marzán e Vilaxoane, dous barrios da parroquia de Foz, estaban completamente ao natural e son moi transitados, non só para a actividade agrícola e gandeira, porque hai varias explotacións, senón tamén por moitos residentes que teñen alí as súas casas e ademais por xente que evita pasar polo núcleo urbano e desprázase por eses viais. Van ter un cambio substancial posto que a partir de agora contarán cun pavimento con base de grava e dotado de rego asfáltico, co cal a mellora é moi importante”.
Javier Castiñeira engadiu que “estas obras pertencen ao Plan de Obras e Servizos (POS) e son financiadas ao 50 por cento entre a Deputación de Lugo e o Concello de Foz. Nesta semana quedarán practicamente listas porque o tempo está acompañando. Esta mellora importante é un compromiso que tiña o goberno local do Partido Popular cos veciños deses barrios, pero é unha mellora que van notar non só os residentes en Marzán e Vilaxoane senón tamén o resto dos veciños de Foz”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



