Os catro concelleiros independentes do Concello de Foz representados por Ramón Sixto, esixímoslle ao Equipo de Goberno que tome medidas inmediatas no tema de medio ambiente polo lamentable estado de suciedade e deixadez que se atopa o noso pobo. Estes días podemos ver na entrada a Foz un colchón tirado en plena beirarrúa cando están pasando os días sen que o propio alcalde dé a orde de recollelo. Na pista de Palmiz podemos ver máis colchóns, sofás e varios mobles dende que se celebrou a festa do Bispo Santo no mes de maio. Tamén somos testigos de algúns veredoiros incontrolados ao longo de todo o Concello.
Tamén solicitaremos no pleno deste mes que se faga cumplir a ordenanza donde se prohibe pegar carteis en tódolos lugares do Concello menos donde a lei o permite que sería nos tablóns de anuncios que se atopan tanto no propio pobo coma en tódalas parroquias. Prohibindo deste xeito colocar carteis en valados de obras como podemos ver mesmamente en frente da casa da Cultura na propia entrada de Foz que dana seriamente a imaxe do noso Concello.
En relación ao Pleno Extraordinario celebrado este mércores onde se levou a cabo a aprobación da Conta Xeral do ano 2013 temos que explicar que o noso voto foi a abstención a pesar de que o resultado do ornamento é positivo, este dato non é de todo real xa que non se ten en conta no cálculo as obrigas pendentes de aplicar ó orzamento da conta 413 coa que o resultado orzamentario variaría de xeito notable de forma negativa.
Así mesmo existen numerosos reparos feitos por intervención de numerosas facturas, o que ven a demostrar unha vez máis as malas formas de xestionar os cartos do noso Concello non habendo partidas pesupostarias para afrontar os numerosos gastos de probeedores donde o alcalde se escuda botándolle a culpa á oposición de que estos non poden cobrar sendo o rexedor o único culpable destes feitos.
Con todo isto tamén se están a incumplir os prazos de pagos dispostos na normativa que na maioría dos casos son gastos carentes de todo tipo de fiscalización previa que ao non ter partida orzamentaria non se poden pagar en canto non se habilite crédito levando á aprobación de expedientes de recoñecemento extrajudicial de crédito.
Estas obrigas pendentes empeoran tanto o resultado de liquidación coma o aforro neto ou o remanente de tesourería.