O Burela FS Pescados Rubén regresará esta noite de terras mañas con tres importantes puntos para a cuadrícula e a moral laranxa. Os de Juanlu selaron o seu primeiro triunfo a domicilio na pista del DLink Zaragoza (3-6) con Iago Míguez como revulsivo na remontada; con 3-2, o mariñán firmou tres tantos entre os minutos 35 e 38.
A escadra galega viviu unha montaña rusa no Siglo XXI. Saltou a por todas e nunha das primeiras chegadas á portería zaragozana, inaugurou o electrónico xa no minuto 1 de xogo do novo Carlitos. Os locais empataron nunha recuperación con marca de Retamar no minuto 6, que ampliou distancias no 10, a balón parado. En contraataque, Catela distanciou o DLink ata o 3-1 no minuto 14, pero tan só un minuto despois Chano volveu facer tremer la portería de Arturo, de lanzamento cruzado. Antes de chegar ao descanso, os laranxas aínda dispuxeron dun par de boas ocasións de inverter o marcador, ante a resposta eficaz do meta local.
Con 3-2, saíron na segunda parte os de Burela en busca da remontada que se fixo esperar pero chegou. En tan só un minuto Iago Míguez puxo por diante os laranxas con 3-4 (minutos 35 e 36) ante o que reaccionou o Zaragoza con xogo de cinco abandeirado por Víctor Tejel. A aposta do porteiro-xogador beneficiou os de Juanlu, con hattrick de Iago en contra no 38. Matamoros puxo a guinda a porta baleira, a escasos segundos para o final, co definitivo 3-6.
Ficha técnica
DLink Zaragoza: Arturo, Víctor Tejel, Richi, Retamar, Nano Modrego, cinco inicial; tamén xogaron Verdejo, García, Caio, Catela
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Jorge Bellvert, Isi, Matamoros, Carlitos, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Chano, Antoñito, Hélder
Goles: 0-1, minuto 1, Carlitos; 1-1, minuto 6, Retamar; 2-1, minuto 10, Retamar; 3-1, minuto 14, Catela; 3-2, minuto 15, Chano; 3-3, minuto 35, Iago Míguez; 3-4, minuto 36, Iago Míguez; 3-5, minuto 38, Iago Míguez; 3-6, minuto 40, Matamoros
Tarxetas: Por Zaragoza amarela a Catela (minuto 18). Por Burela amarela a Jorge Bellvert (10)
Árbitros: Pons Rodríguez // Sarrat Nuevo.
*Foto: Prensa Dlink Zaragoza.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
