O Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción no salón de plenos este xoves ó equipo de baloncesto Malabo Kings, de Guinea Ecuatorial, que estes días fai parte da súa pretempada en Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou a importancia que ten a presenza deste equipo tanto desde o ámbito deportivo pola calidade das instalacións coas que conta Ribadeo e das que poden disfrutar os equipos que se acheguen ata a vila, así coma pola proxección turística do concello. Ao acto asistiron os xogadores e o corpo técnico de Malabo Kings, que aproveitan o seu tempo libre para coñecer Ribadeo e os seus arredores. Na recepción participaron os concelleiros de Deportes e de Turismo, Vicente Castro e Ana Martínez, e os portavoces do PP e do PSOE, Manuel Valín e Eduardo Gutiérrez, respectivamente, ademáis do técnico municipal de deportes, Iván García. Malabo Kings estará en Ribadeo ata mediados do vindeiro mes de novembro. Hugo López, adestrador de Malabo Kings, destacou a acollida que lles brindaron tanto desde o Concello coma desde o hotel O Cabazo, no que están aloxados.

























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



