A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, xunto á Alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, estiveron este venres no Porto de Celeiro para coñecer de primeira man o desenvolvemento do curso de Desenvolvemento de produtos pesqueiros, que organiza a Deputación de Lugo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Un total de 15 alumnos participaron na primeira edición do curso que hoxe remata en Viveiro, que se sumarán a outros 15 que o farán a vindeira semana nas instalacións da Asociación de Armadores de Burela.
Os participantes nesta acción formativa puideron aprender técnicas pioneiras para elaborar produtos reestruturados de pescado, como xamón cocido, desenvolvidas grazas a un convenio de colaboración asinado polo organismo provincial e Universidade de Santiago de Compostela, que permitiu afondar no estudo e aproveitamento dun dos sectores punteiros da provincia, como é o do mar. Durante a súa visita, a Vicepresidenta, que puido degustar estes novos produtos, destacou que “a posta en práctica destas técnicas para a transformación do peixe abrirán un amplo abano de posibilidades no sector do mar ao xerar valor engadido ás capturas tradicionais, ofrecendo así novas oportunidades de negocio e creando emprego”.
Méndez subliñou que, ademais, “grazas á súa presentación, sabor e textura, estes novos produtos poderán contribuír ao aumento do consumo de peixe entre diferentes sectores da poboación”. Pola súa banda, María Loureiro agradeceu novamente á Deputación o esforzo por “dinamizar o sector na Mariña en xeral, e en Viveiro en particular, e ofrecer máis oportunidades para o desenvolvemento de novas industrias”.
Investimento en I+D+i
O obxectivo principal deste convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela, que supuxo un investimento de 30.000 euros en I+D+i, foi desenvolver un método alternativo para o aproveitamento dos excedentes de merluza e bonito do norte. Os resultados das investigacións permitiron a creación dun novo produto reestruturado, utilizando unha pequena porcentaxe de sal con varios centos de unidades de transglutaminasa, enzima natural que serve de pegamento para unir os fragmentos de peixe nunha soa peza, e que posibilita a reconstrución deste alimento. Agora, o grupo de investigación continuará traballando durante un ano máis para estudar o tempo de vida útil dos produtos, así como outras vías de conservación, como a esterilización por calor ou por altas presións.
A vindeira semana, en Burela
Unha nova edición deste curso, totalmente gratuíto, celebrarase na Asociación de Armadores de Burela a vindeira semana. Outros 15 participantes contarán con sesións teóricas e prácticas, entre o 7 e o 10 de outubro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas que aprenderán sobre a preparación de produtos reestruturados de merluza e bonito e as súas características; a manipulación de alimentos; a composición química do peixe ou os aditivos empregados no proceso tecnolóxico de reestruturación do peixe.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



