A deputada no Congreso –Margarita Pérez Herraiz- e o senador por Lugo –Ricardo Varela- denunciaron este mércores, unha vez coñecidos os orzamentos do Estado de 2015 para a provincia, que estes “confirman o que vimos denunciando, a raíz da suspensión da Intermodal, pois nas contas que nos presentan nin tan sequera aparece. É dicir, que o PP provoca que Lugo quede sen AVE definitivamente”. Neste senso, os socialistas subliñaron que “consideramos un insulto que se dedique a Lugo só o 1% da partida da Alta Velocidade a Galicia”. Son, ademais, precisaron, “partidas ridículas de distracción para ocultar a realidade de que o Goberno decidiu deixa á nosa provincia sen este servizo”.
Proba delo, destacou Herraiz, é que o Plan de supresión dos pasos a nivel que tiña unha proxección para 2015 de 10.615.000 euros desaparece; a LAV Lugo-A Coruña segue en estudos; e a LAV Ourense-Lugo, que tiña unha proxección de 1.108.00 euros se reduce ata os 239.000 euros.
No resto das infraestruturas, que permitirán vertebrar a provincia, Pérez Herraiz lamenta o escaso compromiso coas autovías A-56 (San Martiño-A Barrela)e A-76, “que non existen”, e a A-82 (Barreiros-San Ciprián). No primeiro caso, unha partida de 5.000 euros “non garante absolutamente nada” e, no último, con tan só 500.000 euros, “tan só avanzará timidamente”.
Castigo aos parados da provincia
Así mesmo, o senador lucense destacou que o Goberno insiste “no seu castigo” aos parados, pois reduce en 4.400 millóns de euros as partidas dedicadas á protección por desemprego. “Este Goberno ten o récord de menor protección co de maior taxa de desemprego”, afirmou. E é que esta redución nesta prestacións suporá en Lugo unha caída de 30 millóns de euros, ou o que é o mesmo, que máis de 2.000 parados quedarán sen esta protección económica o vindeiro ano.
“Lugo xa lidera a caída de protección por desemprego en Galicia dende que chegou Rajoy”, apuntou o socialista, quen indicou que “dos 8.500 parados que non cobraban prestación algunha en 2011, pasamos a 11.100 en 2014. E con este novo hachazo atoparémonos con 14.000 sen protección en 2015. O PP, unha vez máis, carga o custo da crise nos máis débiles e vulnerables”. Por este motivo, os socialistas dubidan, tal e como expresou a deputada, que se cumpra o crecemento cando este se basa en parámetros “que se pode observar que están moi mal. Pero é que, aínda que se cumprira o crecemento, hai que ter en conta que o Goberno agarda rematar 2015 con máis de 5 millóns de persoas no paro. Co anterior Goberno, o 80% destas persoas cobraban algunha prestación, hoxe cóbrana o 46,4% dos españois, incluíndo a contributiva, a asistencia e a renda de inserción”.
Unha suba “precaria” para as pensións
A suba do 0,25% para as pensións foi calificada polos socialistas como “precaria”, xa que destas decisión non se exclúen de axuste as pensións máis baixas como facía o Goberno socialista. “Non, agora o axuste é para todas e non como algo circunstancial, agora está regulado que sexa así”. Isto afecta especialmente á provincia de Lugo que ten 119.545 pensionistas, cunha pensión media de 651,33 euros. En definitiva, puntualizou a a deputada, “menos persoas traballando, menos ingresos por traballo, menos servizos públicos, menos prestacións, menos Sanidade pero máis custos sanitarios, menos Educación con 200 e 300 euros menos por beca, menos atención á dependencia…. Por tanto, máis desigualdade. Os que están ben, seguirán estando ben, pero hai moitas persoas que están mal e, no canto de ter máis servizos, o Goberno cada vez quítalles máis”.
“Estratexia errónea”
Pérez Herraiz fixo estas declaracións, pois o único obxectivo de reducción do déficit “é unha estratexia errónea dos Sra. Merkel e do Sr. Rajoy que están colocando aos países da zona euro en moito peor situación que a media mundial”. A este respecto, manifestou o desacordo do Partido Socialista con estes Orzamentos, “que poden considerarse unha ficción con bastantes posibilidades de error, xa que, segundo o informe económico-financieiro, a previsión de crecemento de España se basea no favorable comportamento do gasto en consumo dos fogares, na mellora do emprego e o avance da remuneración real dos asalariados. Pero o certo é que, a evolución dos custos laborais unitarios en relación á zona euro, amosan que mentras en 2007 España estaba 3 puntos por riba, en 2013 estaba 3 puntos por debaixo; é dicir, que se produciu unha perda de 6 puntos en tan só seis anos”, denunciou a deputada.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



