Barreiros, 22 de outubro de 2014.- A Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros colabora coa posta en escena este domingo, 26 de outubro, da obra de teatro Xustiza de lei. A representación levarase a cabo a partir das seis da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O grupo de teatro Ardora será o encargado de dar vida a esta obra que forma parte do proxecto teatral Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da súa Vicepresidencia Primeira. A entrada é libre ata completar aforo.
Xustiza de lei é unha comedia realista que esboza unha radiografía en clave de humor da situación de desamparo na que se ven envoltas as cidadás e os cidadáns cando esperan unha aplicación das leis con sentido común. O fío condutor desta obra de teatro é amosar supostas hipóteses e realidades inverosímiles que leven a analizar o resultado social de aplicar unha suposta xustiza interesada. Todo baixo o lema resumo da obra: Cando a xustiza morre, en quen pode confiar o pobre?





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



