Viveiro, 28 de outubro de 2014.- O Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente ven de acoller con grande éxito de participación as Xornadas Micolóxicas e Gastronómicas de Cogomelos no Buio que organizou por segundo ano consecutivo o colectivo feminino Fraga das Saímas. Para a organización destas xornadas contaron coa colaboración do enxeñeiro agrónomo, Marcos Besada, titular da tenda agroecolóxica Estruga.
As xornadas, que se celebraron durante todo o día do sábado 25 de outubro, deron comezo ás 10.00 horas no Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente, onde se citaron alum@s e técnicos. Logo de dar, por parte da secretaria do colectivo organizador, a benvida a tod@s e entregarlles as bases do concurso de cestas e composición de setas, ao cal se sumaron máis de dez participantes, a Micóloga e Licenciada en Ciencias Ambientais (Rita Cid) impartiu unha charla onde deu unhas nocións básicas sobre algunhas das 165 diferentes especies de cogomelos e champiñóns existentes en Galicia. Durante a mesma @s asistentes aproveitaron para resolver dúbidas e facerlle todo tipo de consultas. Ao remate desta charla-debate a Presidenta da asociación procedeu a sortear entre @s asistentes un exemplar da Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos, recaendo nas mans da afortunada Merche, socia do colectivo Fraga das Saímas.
Rematada a charla o grupo partiu cara aos montes do Buio e Lerín para poñer en práctica o aprendido e coñecer de primeira man a riqueza micolóxica e valor ambiental dos montes veciñais en man común de Santo André de Boimente.
Logo de estar recorrendo durante máis de catro horas diferentes veredas dos Montes do Buio, así como da propia Fraga das Saímas, cunha pequena parada para xantar no Refuxio do Candaoso, o grupo de aficionados á Micoloxía voltaron ao Centro Socio-Cultural para, un grupo dos participantes e da man da Micóloga Rita Cid, seleccionar as variedades recollidas e proceder á limpeza, mentras as participantes do concurso de cestas e composición de setas decoraban as súas cestas e dábanlles os últimos retoques antes de que o xurado se reunirá para emitir un veredito. Ao mesmo tempo, o multifacético Marcos Besada, acompañado do seu equipo, preparou diversos pratos (revoltos de níscalos, arroz con boletus e mazás, etc…) elaborados a base de boletus edulis e Bayo, Macrolepiotas, Cantarelas e Níscalos, para a degustación culinaria onde cerca de trinta comensales deron boa conta de todos os pratos, incluído postre e café.
As gañadoras do concurso de Cestas e composición de setas, ao que se presentaron once maravillosas cestas, segundo o veredito unánime dos membros do xurado calificador foron as irmás, Inés e Luisa, que se levaron como premio unha cesta composta dun lote de produtos ecolóxicos galegos de tempada (Queixo arqueixal, As Maruxas de Nata, Crema Marrón Glassé, Cervexa artesanal Aloumiña, Sidra Maeloc, tostas de pan Mariñeiras con algas, etc.), pechando así con grande éxito e satisfacción por parte dos asistentes e do colectivo organizador as IIª Xornadas Micolóxicas e gastronómicas de cogomelos.
Por último, cabe resaltar que a Directiva Fraga das Saímas celebra sempre a visita aos montes do Buio de todas as persoas amantes do mundo da micoloxía, posto que saben que son respetuosas coa natureza e o patrimonio veciñal, mais expresan o seu profundo rexeitamento á entrada masiva, que vimos constatando nos últimos anos, de persoas alleas á comunidade veciñal cuxo único fin seu é a recollida incontrolada de cogomelos, esquilmando os recursos naturais do monte e coa consecuente perda dunha fonte de riqueza extraordinariamente importante para os nosos ecosistemas.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



