Ribadeo, 27 de outubro de 2014. Onte ás 19:00 horas levouse a cabo finalmente na parroquia ribadense de Remourelle a observación astronómica organizada pola Concellaría de Medio Ambiente de Ribadeo. A actividade, que tivera que ser aprazada en varias ocasións debido ao mal tempo, contou cun total de 20 participantes. Os asistentes gozaron dunha noite estival e completamente despexada, feito que permitiu que observasen con total nitidez, dende a Escola de Remourelle, o cuarto crecente da lúa, o planeta Marte, as estrelas Mizart e Alcor e o satélite tripulado que xira arredor da terra.
O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro, destacou que “nesta observación en Remourelle participamos onte unhas 20 persoas. Tivemos unha noite excepcional, xa que o ceo estivo totalmente estrelado. Isto permitiunos ver o cuarto crecente da lúa, cos seus cráteres. Ademais, tamén puidemos observar o planeta Marte e as estrelas Mizart e Alcor, dentro da Osa Maior. E para rematar, divisamos varios cúmulos globulares abertos e varias constelacións”. Cupeiro recoñeceu que se tratou dunha observación moi positiva porque “os veciños puideron gozar dunha noite de verán totalmente estrelada, na que se observou perfectamente o paso do satélite tripulado que da a volta á terra ao longo dunha hora e media”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



