Ribadeo, 2 de outubro de 2014. A situación económica do Concello de Ribadeo mellorou moito nos últimos anos grazas á xestión realizada polo equipo de goberno e polos técnicos. Iso é o que asegura o concelleiro de Facenda, Vicente Castro, quen subliña que “o que facemos é cinguirnos ao máximo aos orzamentos anuais e tentamos aforrar un pouco cada ano”.
No pleno da semana pasada foi aprobada cos votos a favor do BNG e abstención dos partidos da oposición a conta xeral de 2013, á que non se presentaron alegacións no seu período de exposición pública. Dita conta arroxa un saldo positivo de 874.000 euros.
Para Castro “que a situación mellorou por diversas cuestións é evidente, pero a realidade é que se pasou dun remanente negativo salvaxe, case tan elevado coma o positivo de agora, onde non se podían pagar as facturas a provedores, onde se debían as facturas de dous ou de tres anos e pasamos a pagar ao día”.
O edil nacionalista indicou que “este remanente e resultado positivo é o que nos permite poder pagar ao día, sen el non poderíamos pagar ao día porque é complicado. As subvencións non se cobran ao día, non se cobran algunhas taxas e algúns impostos e hai que recorrer á vía executiva. Isto ven desde tempo atrás, é unha situación inevitable”.
Vicente Castro considera que a situación económica do Concello mellorou grazas ao plan de pago a provedores, pero lembra que “ese plan trae consigo un pago, unha amortización de más de 100.000 euros en cada exercicio, que son tamén cartos que hai que pagar cada ano. Non son cartos que caen do ceo e nos esquecemos diso”. Para o concelleiro de Facenda detrás desa mellora está a xestión: “é xestionar os cartos, mirar que se cobren, os técnicos teñen moito que ver, pero tamén o seguimento permanente que se fai do exercicio correspondente e en cinguirse sempre aos orzamentos de cada ano, tentando aforrar un pouco… e esa é a situación real”.
Unha parte do remanente positivo de 2013, dos 874.000 euros, foron destinados a recoñecementos extraxudiciais de crédito, “e outra parte tería que ir para a amortización de débeda, tal e como marca a lei de estabilidade orzamentaria, pero si amortizamos débeda non podemos pagar aos provedores, senón quedamos sen liquidez para pagar aos provedores. Temos que ir xestionando os orzamentos da mellor forma posible”.
Deste xeito Vicente Castro sae ao paso das declaracións efectuadas nas últimas horas pola concelleira popular Azucena González.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



