Ribadeo, 15 de outubro de 2014. A vindeira semana volven ás parroquias ribadenses os obradoiros ‘Aquí, como de 20’. As actividades, organizadas polas Concellarías de Igualdade e Servizos Sociais, desenvolveranse durante os meses outubro, novembro e decembro en Remourelle, Cinxe, Santalla de Vilausende, Cedofeita e Rinlo. Trátase dunha quenda que chega tras o éxito das primeiras que tiveron lugar nos anos 2013 e 2014.
Segundo explica Mariluz Álvarez Lastra “no Concello de Ribadeo seguimos coa actividade que nós denominamos Aquí, como de 20. O obxectivo é tratar de dinamizar as parroquias do noso concello e acercar a cultura e o ámbito da igualdade á cidadanía que vive no medio rural. Para iso comezamos a facer unha serie de talleres en catro parroquias a modo experimental. A resposta foi moi positiva e iniciamos polo tanto agora unha nova andaina”.
A concelleira de Igualdade sinalou que “estas tardes de lecer son dúas horas de actividades en cada unha das parroquias ás que lles toca nesta quenda. Comezamos a semana que ven, o 24 de outubro, en Santalla de Vilausende e serán ata o mes de decembro ininterrompidamente. Teñen un compendio de obradoiros alongados no tempo: para traballar a memoria, a autoestima, manualidades, novas tecnoloxías, musicoterapia, merendas… Isto permite algo moi importante como é ter a posibilidade de relacionarse coas persoas que viven no seu entorno máis próximo”.
Álvarez Lastra engadiu que “os lugares onde se vai levar a cabo esta iniciativa neste trimestre son: Remourelle, Cinxe, Vilaosende, Rinlo e Cedofeita. Comezaremos o día 24 de outubro en Santalla de Vilausende, todos os venres de 16.00 a 18.00 horas; os luns: Cedofeita as 16.00 a 18.00 horas e Remourelle de 18.30 a 20.30 da tarde. Os mércores será a quenda para Rinlo de 16.00 a 18.00 horas e Cinxe de 18.30 a 20.30 horas”.
A edil nacionalista indicou que “todos aqueles veciños e veciñas destas parroquias poden acudir a estas actividades, pero calquera persoa que pertenza ao casco urbano de Ribadeo ou a calquera das outras parroquias do noso concello que queira pode incorporarse a esta actividade porque é totalmente aberta e gratuíta. Poden chamar ao Centro de Información á Muller, ao 982 120 739, para inscribirse ou recibir toda a información que precisen”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



