María do Mar Chaves.- Xa non sei si sentir rabia, impotencia… ou lástima de vivir e criar ós meus fillos neste país. Aínda que moit@s son da opinión de que que as nosas protestas non serven para nada, eu, alomenos ata o dia de hoxe, sempre pensei que o denominado “dereito ó pataleo” sempre o teriamos, pero parece que nin eso nos queren deixar, tamén nos queren privar deste dereito.
Os días que nos concentramos na Praza Maior alumn@s, profesorado, pais, nais, o único aperello considerado ruidoso era un pequeno megáfono dos chinos.
Aquel famoso 10-O que entramos nas aulas do Vilar Ponte, a única escandalosa era unha servidora que portaba unha carraca artesanal realizada polo avó dun alumno.
Aquela fermosa tarde de sábado que pasamos tres horas ás portas da Comisaria de Viveiro agardardo que as directivas da ANPA denunciadas pola “Madame Tasende” realizaran a sua declaración, estivemos moi tranquiliños e incluso modificamos a nosa ubicación cando os axentes nos indicaron que “estabamos poñendo en perigo a seguridade do edificio”.
Participamos no que parte da veciñanza, ó vernos pola Ponte da Misericordia, pensou que era un enterro que se dirixía á igresa de San Francisco ou ó camposanto de Altamira, pero en realidade era unha manifestación convocada pola ANPA e apoiada por partidos políticos, sindicatos, federación de Apas e outros colectivos, que contaba cos pertinentes permisos. Nesta ocasión ó megáfono dos chinos e a carraca uneuse unha bocina, que aínda que era graciosa non soaba tan forte como era de esperar polo seu tamaño.
O dia seguinte, pais e nais acudimos ó Pleno Extraordinario celebrado co concello. Non negareí que causamos algó máis de alboroto e varias interrupcións, algunhas motivadas pola “brava intervención” do señor Bouza e a ausencia concelleira e xefa territorial de educación e outras aplaudindo as intervencións dos portavoces do resto dos grupos.
Ademáis de todo esto, un pequeno grupo de nais e pais estivemos concentrándonos diariamente nunha das entradas do instituto tras unha parcarta que tamén axudaba a tornar o frio. Poderiase pensar que o grupo non era máis numeroso porque moitos proxenitores non poden participar por motivos laborais, outros porque lles gusta dormir a madrugada, outros porque teñen outras cargas familiares, algúns porque non estarán de acordo coas protestas, outros por outras causas moi diversas… Pois non…o grupo non era máis numeroso porque o dia que declararon as directivas da ANPA foron informadas, pola propria policía, que de concentrarse o luns seguinte como estaba anunciado, o número de participantes non podería superar a vintena. Así pois segundo chegabamos cada mañá antes de colocarnos trala pantarta faciamos un reconto para asegurarnos de non sobrepasar a devandita cifra. E así transcurría a media hora, comentando as noticias da prensa, falando das irregularidades nas aulas no dia anterior, departindo sobre o facebook e o wapsap… pero moi tranquilas e mesmo sen artiluxios ruidosos. Que algún pai ou nai tiña que irse antes a traballar ou levar ós pequenos a escola? Pois, volta a contar e … a unirse outros ós reunidos preto da porta, sen sobrepasar nunca @s 19. Os mesmos axentes da policia que acudiron a maior parte dos dias, algún incluso tomaron fotografías, e tamén traballadores de varios xornais que estiveron alí os primeiros dias, foron testemuñas de que se coidaba moito non superar esta cifra.
Eu que pensaba que o número protagonista e máis importante en toda esta historia era o 43!!!
Hoxe, noveno día de concentración ás portas do Vilar Ponte, recibimos varias sorpresas. Primeiro as directivas da ANPA agasallaron @s alí presente cun chocolate con churros, entendo que para contribuir a soportar o frio da mañá á beira da ria viveirense e tamén podería ser para festexar que a sua imcomprensible denuncia foi arquivada; salvámonos que esta mañá non se presentaron as forzas e corpos de seguridade do estado que aínda non habían de acusar de realizar “botellón” nas proximidades dun centro de ensino. A segunda sorpresa apareceu cando xa nos estabamos despedindo ata o dia seguinte, chegou por correo dende a Subdelegación do Goberno. Parece ser que logo de concentrarnos todolos dias laborais dende o dia 13 ata hoxe 23 de outubro, tiveron coñecemento que celebráramos concentracións tres dias (14,17 e 20 de outubro) e que éstas non foran comunicadas previamente. Entendo que foramos mal informadas, xa que para reunirnos, non menciona ningún número de asistentes, en lugares de tránsito público é preciso informar cunha antelación de entre dez e trinta dias. Para desvanecer este mal sabor de boca recibimos unha terceira e agradable sorpresa que non vou desvelar, máis aproveito para enviarlle o meu agradecemento o promotor anónimo e tamén á emisaria.
E así é como rematou o dia de hoxe e tamén as nosas protestas ás porta do instituto dos nosos fillos e fillas, , alomenos ata reunirnos para decidir novas actuacións, pero continuaremos esixindo o imprescindible profesor/a 43 si é necesario durante todo o curso. Os nosos fill@s teñen dereito a recibir unha educación digna e de calidade e as nais e pais a obriga de demandar que este dereito sexa unha realidade.
María do Mar Chaves Álvarez
Ex alumna e nai dun alumno do IES Vilar Ponte.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



