O vindeiro sábado, 11 de outubro, como de costume convócase a XXVII Feira do mel de O Valadouro. Estará ubicada na explanada do parque Concepción Arenal de O Valadouro desde as 10.00 horas ata as 13.30 horas con postos de mel de O Valadouro, O Cadramón, Ribadeo… Tamén haberá obradoiro de velas, artesanía, cerámica, degustación de feixos e xeados con mel e o sorteo dun lote de produtos apícolas. Inscrición de postos da Feira do Mel no teléfono 982 57 15 16 ata o mércores 8 de outubro.
XXVII Feira do Mel do Valadouro
XXVII Feira do Mel do Valadouro
Relacionado
-
Dous alumnos do IES de Foz, Edilson e Mohamed, realizan unha estadía de prácticas en Salerno, Italia, ao abeiro do programa Erasmus+
-
Cervo foi escenario este domingo da XVIII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer
-
A Pomba do Arco organiza o venres 27 de xuño, ás 20:30, na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Sami Ashour sobre o xenocidio israelí en Palestina