O sábado 1 de novembro, continuando co “Outono de Teatro” de Alfoz, actuou o grupo teatral “A Adala” de Fazouro, que representou a obra de Paco Piñeiro titulada “Apreta pero non afoga”. A presenza de “A Adala” no “Outono de Teatro” alfocense vén sendo habitual nos últimos anos, pois trátase dun dos grupos de teatro máis populares entre o público da Mariña. O Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz encheuse totalmente e houbo moitas risas e moitos aplausos entre o público. Ó final, fíxoselles entrega ós de “A Adala” do agasallo conmemorativo deste “Mes do Teatro”, deseñado e elaborado polos membros da Asociación Aspanane de Viveiro. O “Outono de Teatro” continuará o vindeiro sábado día 8 co grupo “Axóuxeres” de Vilaronte, que representará a súa obra “Descontrol hospitalario”, e rematará o sábado día 15 coa actuación de “Ollomao”, de Barreiros, coa súa obra “Oé, oé, oé!!!”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



