A Deputación de Lugo impulsa o estudo da natureza da provincia a través do II Concurso de Fotografía, que nesta edición ten como tema principal Os bosques da provincia nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá. A través desta iniciativa a institución impulsa o estudo da natureza e dá a coñecer toda a riqueza medioambiental da provincia para concienciar sobre a importancia de preservar o medio natural da provincia. Este concurso, que ten como eixo central as Reservas da Biosfera da provincia, está enmarcado dento das actividades de promoción dos recursos naturais co que se busca establecer a flora e fauna de Lugo como motor xerador de riqueza.
O prazo de presentación dos proxectos está aberto e pódese consultar na web www.deputacionlugo.gal toda a información e bases deste concurso. Os participantes nesta nova edición, maiores de idade e non premiados con anterioridade neste certame, poderán optar a 3 premios; o primeiro, que ascende a 800 euros, un segundo premio, de 500 euros e finalmente un terceiro, por valor de 300 euros.
Bases do Concurso
Neste certame fotográfico só poderán optar ao premio as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade. Ademais, só se poderá presentar unha fotografía por autor/a e terase que entregar nun CD-ROM coa imaxe en formato TIFF en modo de cor RGB. O arquivo terá un tamaño mínimo de 15 Mb. No mesmo CD-ROM deberá existir unha copia da fotografía cun tamaño aproximado de 1,2 Mb comprimidas co formato JPEG en modo de cor RGB. Será necesario acompañar unha copia da fotografía en papel fotográfico en brillo cun tamaño de 24 x 30 cm. As fotografías deberanse presentar, antes do 30 de novembro de 2014, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, Rúa San Marcos, 8, C.P. 27001, Lugo, indicando no sobre “CONCURSO DE FOTOGRAFÍA OS BOSQUES DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES”. Para máis información consultar a web www.deputacionlugo.gal.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



