Burela, 24 de novembro de 2014.- O vindeiro sábado día 29 de Novembro, a Asociación Pasada das Cabras ten previsto facer a ASAMBLEA ORDINARIA a partir das 20,30 h. en 1.ª convocatoria e das 21,00 h. en 2.ª, no Restaurante Palacio de Cristal, e a continuación, ás 22,00 h., a CEA BAILE anual, con música en directo, no mesmo restaurante.
O prezo serán de 25,00 € para os socios e de 30,00 € para os non socios.
Para participar hai que anotarse en Gráficas Arfe, ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 27 ás 20,00 h.























O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



