A obra de Carlos Montero López permanece aínda na Sala de Exposicións do Casino de Viveiro Club Náutico, e a Mostra pecharase cun percorrido no que o creador nos falará sobre cada un dos cadros expostos. Xa o fixo o día da inauguración, deleitando a todos os presentes. Será o xoves 6 de novembro a partir das 12.00 horas. E o venres 7 de novembro, a partir das 20.30 horas, inaugurarase a mostra plástica de Carmen Prado. O debuxo e a expresión plástica estiveron sempre presentes na vida desta artista luguesa, que realizou ilustracións para libros e revistas, retratos en carbón, ata que na última década toma con forza os pinceis e probando, esborranchando e investigando, vai afianzando o seu estilo. Hai obras súas en Inglaterra, Dinamarca, Francia, Marrocos, e en toda España. A súa obra permanecerá exposta ata o xoves 27 de novembro e poderase visitar de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.
Clausura e nova inauguración de exposicións no Casino de Viveiro
Clausura e nova inauguración de exposicións no Casino de Viveiro
Relacionado
-
A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Concello
-
A Xunta vén de entregar un local propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ao Concello de Viveiro
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello