A Casa da Cultura de San Cibrao acollerá o sábado 8 de novembro ás 20.00 horas o concerto de “Vapor da Arte”, “a mellor música en directo para soñar esperto”, segundo Os Aventados, a entidade organizadora. Antes, ás 12.30 horas, acollerá unha charla sobre o Porto das Reais Fábricas de Sargadelos dentro do programa “Galegos e mariñáns”. Será a responsable do museo histórico de Sargadelos, Elisa Pérez Vázquez, a que ofreza a conferencia que se verá completada cun debate e proxeccións.
Conferencia sobre o Porto de Sargadelos con Os Aventados
Conferencia sobre o Porto de Sargadelos con Os Aventados
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura