A Aula Universitaria da Uned de Viveiro inicia a súa programación de cursos de Extensión Universitaria co curso “INGLÉS PARA LA VIDA DIARIA” que se impartirá os días 5 e 10 de decembro en horario de 17:00 a 21:00 horas. O seu obxectivo é ensinar a desenvolverse en situacións cotiás onde o inglés sexa o idioma usado e ensinar palabras e expresións básicas en inglés aprendendo a súa pronunciación. Máis información na Secretaría da Uned (1º piso dos Claustros de San Francisco), a través do e-mail viveiro@lugo.uned.es ou no teléfono 982 56 36 01.
Curso de inglés para a vida diaria na aula da UNED de Viveiro
Curso de inglés para a vida diaria na aula da UNED de Viveiro
Relacionado
-

A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-

A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-

A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
















As delegacións municipais participan neste acto solemne que mantén viva a devoción pola patroa da cidade de Mondoñedo e reforza a unión entre os concellos da contorna. Mariña Gueimunde subliñou que «para Viveiro é unha honra participar nesta celebración tan arraigada que une ás nosas vilas a través da tradición e da cultura». Engadiu que «é fundamental preservar estas manifestacións colectivas que forman parte da nosa identidade e que fortalecen os lazos de fraternidade entre os pobos veciños».
O encargado de dar a saída foi o alcalde, Dani Vega, que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Por diante 21 quilómetros de percorrido por paraxes espectaculares ata chegar á meta na praia das Catedrais. A proba desenvolveuse nunha tarde soleada e moi calorosa.
O evento está organizado pola asociación de veciños da parroquia, co apoio do Goberno galego. Arias puxo en valor o traballo do colectivo organizador para "facer medrar este evento ano tras ano, consolidándoo en soamente tres anos como unha das citas destacadas no calendario festivo da comarca".
Na xuntanza, que tivo lugar no Departamento Territorial da Xunta en Lugo, avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para mellorar as infraestruturas rurais da localidade. A maiores, estudouse a situación dos instrumentos de mobilización da terra agraria que se desenvolveron na localidade e afondouse na mellora da súa xestión forestal.



