“Foz, Plataforma de Futuro” mantivo este luns unha reunión con membros do comité de empresa de Área Minera del Atlántico- (Antiga Ecesa).
Temos que salientar que esta empresa -aínda que ten a súa sede social en Burela e dá de comer a máis ou menos 34 empregados- dez traballadores están afincados no noso Concello, e a maiores o resto de compañeiros tamén fan gasto na nosa vila. Recordar que son 34 traballos directos, pero hai tamén máis emprego indirecto que se destrúe.
Estes traballadores están a vivir unha situación tremendamente crítica, xa que levan dende o ano 2008 sin convenio colectivo e saíron dun concurso no ano 2013. Pois ben, nestes momentos a empresa están en fase de liquidación conlevando esto consigo unha inestabilidade laboral tremenda, xa que non saben cal vai ser o seu futuro laboral inmediato.
Nos tempos que corren non podemos permitirnos o luxo de perder máis postos de traballo nin perder máis dereitos laborais.
Despois de que nos plantexaran a sua postura e os seus problemas non podemos mais que mostrar públicamente o apoio incondicional de “Foz, Plataforma de Futuro” ás suas reinvindicacións.
Chegados estes momentos todo parece indicar que esta empresa pode ser comprada dende que sexa liquidada por outra, esto levaría consigo que se crearía unha bolsa de emprego para a contratación da xente que nestes momentos está en plantilla, pero hai que recordar que esta bolsa de emprego pode ser utilizada pola nova empresa ao seu antoxo, cousa coa que non estamos para nada dacordo. Polo tanto a parte de manifestar o noso apoio total ós traballadores, tamén pedimos públicamente que por parte da nova empresa que compre “Área Minera del Atlántico” se respeten todos os postos de traballo e as súas condicións laboráis, así como que se volvan a contratar a tódolos traballadores.
Tamén queremos pedirlle ao Sr Alcalde de Burela se implique nesta labor, xa que estamos a falar dunha empresa con moitos anos de historia e que axudou moito á prosperidade do Concello de Burela.