Gato Pardo continúa a liderar a Liga de Veteranos de Viveiro 14/15 despois de vencer na sétima xornada ante o Forum por 0 goles a 7. Tras vencer todos os partidos ata a data, suma 21 puntos. Por detrás, Óscar Joyeros suma 16 tras empatar nesta xornada co Mesón (1-1) e A Curva, 15.
Pola contra, Juve Chavín aínda non conseguiu puntuar no que vai de campionato e Mesón Lodeiro suma un único punto.
Resultados sétima xornada:
Forum 0 – 7 Gato Pardo
Temple Bar 4 – 1 Juve Chavín
O Mesón 1 – 1 Óscar Joyeros
O Recuncho 6 – 3 Mesón Os Arcos
Flanagans 3 – 0 Mesón A Fonte
Mesón Lodeiro 1 – 5 Cofipesca
Oitava xornada:
Mesón Os Arcos – O Mesón: luns 1 de decembro ás 20.30 horas.
Óscar Joyeros – Temple Bar: luns 1 de decembro ás 21.15 horas.
Gato Pardo – O Recuncho: luns 1 de decembro ás 22.00 horas.
Juve Chavín – Mesón Lodeiro: xoves 4 de decembro ás 20.30 horas.
A Curva – Forum: xoves 4 de decembro ás 21.15 horas.
Cofipesca – Flanagas: xoves 4 de decembro ás 22.00 horas.
Descansa: Mesón A Fonte.

























Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
