O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza os seguintes:
PREGUNTAS
1. No pleno do pasado mes de outubro aprobábase por unanimidade unha moción para solicitarlle o Conselleiro de Cultura, Educación e ordenación Universitaria unha entrevista urxente, con tódolos portavoces dos partidos que compoñemos a Corporación Municipal de Viveiro, para tratar sobre a transferencia do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro á Xunta de Galicia, e por elo preguntamos se se fixo a xestión e que resposta ten o Concello.
2. No pleno do 26 de Abril de 2012, preguntábamos polas beirarrúas que estaban sen rematar en Lodeiro, e se a curto prazo estaba previsto realizalas. Por parte da alcaldía contestábase “que todas as fases de urbanización teñense que realizar cando se fai a edificación, se as quixese facer o Concello previamente tiñan que facer os propietarios a cesión”. Do ambulatorio tíñase que facer no seu tempo. Así terémolo que solicitar nós a outras administracións… “. Como sexa que xa pasou tempo, e polo que temos entendido xa non se vai realizar ningunha edificación máis na zona, e polo que solicitamos información por parte da alcaldía se se fixo algunha xestión para rematar ditas beirarrúas, e para cando esta previsto o remate das mesmas.
3. Este grupo municipal do iVi, e tamén o BNG, en varias ocasións fixémonos eco da necesidade da actualización da páxina web do Concello. No pleno do pasado maio de 2013, aprobábase por 11 votos a favor, correspondentes ós grupos do P.P., B.N.G., e i.V.i. e 6 en contra do PSOE unha moción do BNG sobre a mellora da páxina web e a presenza do Concello nas redes sociais, ferramentas que entendemos imprescindibles para a información e trámites para os cidadáns e espallamento do noso Concello cara o exterior. Indicábase por parte do goberno municipal que xa se estaba sobre o tema, a traves do programa innovate da Deputación. Como sexa que polo momento non se puxo en funcionamento dita nova web, e polo que preguntamos nos indiquen en que punto se encontra o proxecto.
4. O pasado ano púxose en funcionamento a rede wifi en varios puntos de todo o Concello, por elo, pódenos indicar o equipo de goberno como está a funcionar dita rede?, que trámites ten que realizar un veciño para poder darse de alta en dito servicio?
ROGOS
1. No pleno ordinario do 4 de setembro de 2014, presentábase por parte desde grupo municipal unha proposta sobre o Pazo de Grallal, aprobada por unanimidade, en donde se solicitaba que porte do Concello de Viveiro, se fixeran tódalas xestións necesarias co heredeiro, coa finalidade de poder adquirir o Pazo de Grallal. Como sea que temos información de que está cerrada a venta do mesmo, rogamos nos indiquen as xestións realizadas por parte de equipo de goberno sobre o este tema e o resultado das mesmas.
2. A rúa do Calvario (a que sube o cemiterio de Celeiro), atópase nun estado deplorable en canto o firme. En varias ocasións por parte desde grupo municipal solicitábamos información sobre o arranxo de varias ruas en Celeiro; remate da Rúa Grande, a dita Rúa do Calvario ou Rego da Fonte, (dende o cruce coa Rúa Grande até a Rúa Lavandeiras), asi como tamén a Rúa Arribada. Como sexa que foi pasando o tempo e seguese sen actuar en ningunha delas, e polo que rogamos nos indiquen se a curto prazo está previsto realizar algunha actuación.
3. Por parte deste grupo municipal solicitárase unha reunión con Portos de Galicia e Costas, para tratar temás de intereses para o noso Concello; porto deportivo, muelle de viveiro, praia de covas, rexeneración da ría, etc… na que participarían todolos portavoces, sin que ata esta data se nos respondera de tal solicitude. Rogamos nos indiquen cando se fixo a xestión e a resposta da mesma.
4. Recentemente fixose a reposición do firme de parte a estrada de Vieiro a Galdo, LU-P-6601, pintando solamente os laterais de ambos carris, nese tramo arranxado, e sen pintar as liñas do medio da carretera. O pasado outono solicitábamos que fora repintada toda a estrada, por elo voltamos a realizar dita solicitude, Rogando se fagan as xestións pertinentes para o pintado dende o inicio da mesma na ameixoa ata o seu remate.
5. No mes de Xuño, facíamos eco do total abandono e expolio da Capela de Malates que se atopaba nun estado deplorable no su interior, cos cristais rotos e nun abandono total. Por parte da alcaldía indicábse que farian as pertinentes xestións cos tecnicos para que emitisen informe. Rogamos nos indiquen as xestións realizadas.
En Viveiro, a 3 de novembro de 2014.