O Burela FS Pescados Rubén recibirá este sábado en Vista Alegre ó AD Alcorcón en duelo de altos voos. A novena xornada de Primeira División RFEF entre a terceira praza mariñá (18 puntos) e a cuarta madrileña (16) dará o pistoletazo de saída ás 18.30 horas.
“É un partido de gran responsabilidade” adiantaba Quico Otero, incidindo na transcendencia destes tres puntos en xogo: “O Alcorcón chegará doído pola derrota con Navalcarnero (3-4); quererá sacar os tres puntos para non descolgarse demasiado da cabeza. Para nós tamén é un encontro importantísimo. Os dous chegamos nunha situación parecida”.
“Alcorcón é un equipo da nosa liga; esperamos a un rival que xogue de ti a ti, como xa experimentamos o sábado, con Roldán. Debemos responder conxugando intensidade e seguridade, estar ao cento por cento para non deixar escapar os tres puntos de Vista Alegre ante un persoal longo con moitas alternativas en ataque”, adiantaba o adestrador mariñán.
No vestiario laranxa, Quico Otero contará coas baixas case seguras de Kiko, por enfermidade -que xa non viaxou a semana pasada-, e Gaby, que non puido adestrar en toda a semana por unha posible lesión no psoas. A internacional Peque incorporarase ó grupo esta tarde na última sesión da semana, logo de disputar con España dous amistosos en Hungría fronte á selección anfitrioa. A meta Patri, que ós poucos está entrando na dinámica do equipo, aínda presenta algunhas molestias.
Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
