A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro organizan, en colaboración co IES “María Sarmiento”, o I Plan de Igualdade de Oportunidades deste Centro de Ensino.
Este Plan estase a desenvolver cos rapaces e rapazas do grupo B do curso 4º de ESO, durante 10 sesións de 100 minutos cada unha. O alumnado participante está acompañado dunha educadora, encargada de fomentar a participación activa na elaboración do PIOCE. Este Plan será marco de referencia para a execución de accións escolares de igualdade e prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Por tanto, adquire un compromiso coa igualdade na que se implica e serve aos intereses e necesidades de todo o alumnado do IES “María Sarmiento”, xerando un documento público que se divulgará en toda a comunidade educativa.