Foz, 24 de novembro de 2014.- O Concello de Foz está a rematar estes días os traballos de reforma e mellora da Praza Pardo de Cela, situada na rúa Paco Mañón, na zona antiga da vila. As obras consistiron na humanización desta praza e puideron levarse a cabo cunha subvención da Xunta de Galicia. Grazas a ela o Concello instalou unha fonte de pedra, así coma unha serie de bancos e xardineiras para facer desta praza un novo espazo dinamizado.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “estanse a rematar os traballos de mellora da Praza Pardo de Cela, situada no entorno da Igrexa, na zona antiga de Foz, na rúa Paco Mañón. Estase adecuando unha praciña moi característica do noso pobo, que durante todos estes anos se utilizaba exclusivamente para aparcamento dos veciños e que é un espazo moi querido e moi interesante. O que fixo o Concello, grazas á subvención da Xunta de Galicia, foi humanizalo o máis posible e tratar de que ese espazo se poida usar non só para os coches, senón tamén para as persoas e para o ocio de tódolos focenses”.
O responsable municipal explicou que “instalouse unha fonte de pedra, así coma unha serie de bancos e xardineiras que humanizan ese entorno. A praza pertence á zona antiga de Foz e do que se trata é de dinamizar un pouco esta zona, que ata o de agora non o viña estando. Por tanto, estamos contentos, esperando o remate dos traballos e, por suposto, agradecemos á Xunta de Galicia o seu financiamento desta obra importante, que aínda sendo pequena a inversión creo que o efecto vai a ser moi interesante”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



