Lourenzá, 21 de novembro de 2014.- O Concello de Lourenzá reduciu o período medio de pago a provedores ata os 23,67 días e baixa nun 0,5 por cento a taxa do servizo de subministro de auga. Estes asuntos abordáronse no pleno da corporación municipal celebrado hoxe.
Despois da sesión a portavoz do equipo de goberno, Lupe Flórez Seivane, explicou que “na dación de conta que dende Secretaría e Intervención do Concello se fai das facturas do terceiro trimestre deste 2014 unha noticia positiva é que acadamos o período medio de pago a provedores que establece a legalidade. Son 30 días e neste terceiro trimestre de 2014 acadamos un período medio de pago de 23,67 días. Polo tanto é unha noticia que nos congratula chegar a este período de pago tan baixo e que favorece a dinamización dos provedores do Concello”.
Lupe Flórez engadiu que no pleno “saíu adiante, coa votación en contra dos concelleiros do BNG e do PSOE e cos votos a favor do equipo de goberno do Partido Popular, unha proposta da Alcaldía onde basicamente se trataba de ampliar o período de pago da devolución do PIE 2008 e 2009 en 120 meses. Isto non vai supoñer aumento de intereses nos distintos pagos destas anualidades e o que vai supoñer para o Concello é unha capacidade de inversión duns 4.000 euros anuais. Polo tanto ese diñeiro vai permitir que poidamos ter unhas inversións, non moi grandes pero que en certa maneira van dar un respiro ao saber que vamos contar anualmente con 4.000 euros a maiores”.
Nesta sesión “tamén se aprobou outra proposta da Alcaldía, neste caso relativa ao refinanciamento da operación do préstamo de pago a provedores. Mandouse a proposta aos bancos que teñen oficina no noso concello e tamén ao Banco Sabadell, que aínda que non ten sucursal en Lourenzá era co que o ICO tiña ese préstamo, e refinanciarase co Banco Santander, que foi a entidade que ofreceu mellores condicións. Isto vai supoñer un aforro de intereses duns 32.400 euros ata maio do 2022, co cal son pequenos aforros que se van sumando uns aos outros e que na vida diaria do Concello supoñen poder facer distintas obras ou outros investimentos que doutra maneira non tíñamos opción de facer”.
A portavoz do goberno local destacou ademais “a baixada na taxa de auga dun 0,5 por cento, porque o acordo no contrato coa empresa subministradora de auga municipal é que no momento que o IPC sube ou baixa este repercute na taxa; como o IPC baixou medio punto vai repercutir esta baixada nos nosos veciños, nas cotas que pagan polo servizo de auga, no que establecemos esta baixada de medio punto”.
Flórez rematou explicando que “saíu tamén adiante unha moción presentada polo BNG para restituír a memoria dos represaliados polo franquismo en Lourenzá. Unha emenda presentada polo equipo de goberno veu darlle unha maior amplitude á esa moción inicial e fíxose extensible a todos os represaliados da Guerra Civil, tanto durante o propio período bélico como con posterioridade. Pensamos que hai que ter en conta que en Lourenzá houbo persoas que sufriron as consecuencias da Guerra Civil por pertencer a un ou a outro bando e que o recoñecemento do pleno municipal ten que ir a todas as vítimas en xeral, ás que polas súas ideas políticas sufriron represalias nesta época triste da nosa historia. Acordamos tamén que a placa conmemorativa que se pedía no moción do BNG vaise colocar na praza pública César Chavarría e votamos o texto que se vai imprimir nesa placa conmemorativa da totalidade de vítimas laurentinas desta guerra fraticida entre irmáns”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



