Lourenzá, 20 de novembro de 2014.- O Concello súmase aos actos de conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero e presenta un programa de actos para o martes, 25 de novembro, no que destacan a lectura dun manifesto contra a violencia de xénero e a colocación dun mural branco na praza do Conde Santo, para que os visitantes e veciños deixen impregnadas en color malva as súas mans como sinal de repulsa contra este tipo de violencia. Ademais, o Concello colocará un lazo deste mesmo cor na fachada do seu edificio, e poñerá a disposición de tódolos veciños o libro Lourenzá en contra da violencia de xénero, para que poidan deixar as súas mensaxes. Ademais no salón de actos do Concello haberá unha charla sobre o enfoque social e legal da violencia de xénero.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, explicou que “o próximo martes, 25 de novembro, lamentablemente un ano máis celebramos o día internacional contra a violencia de xénero. E cando digo lamentablemente, fágoo dende o punto de vista de que se o celebramos é porque aínda segue habendo mulleres e homes, sobre todo mulleres, que sofren danos físicos ou psíquicos a mans das súas parellas. No Concello de Lourenzá queremos sumarnos a estes actos que se van a celebrar por todo o mundo e organizamos distintas actividades baixo o lema A violencia e o medo aos ideais dos demais. Este lema está extraído do libro de firmas que durante a última semana de novembro, e dende o ano 2012, colocamos no noso Concello para que tódolos que queiran escriban frases de repulsa contra esta lacra social. O libro, Lourenzá en contra da violencia de xénero, máis o lazo malva que é símbolo de repulsa a estes feitos, estarán colocados dende o vindeiro luns e durante toda a semana no Concello. Ademais, o martes 25 ás 11 da mañá colocaremos na praza do Conde Santo un mural branco co lema escollido este ano, para que todos aqueles que queiran deixen a súa huella en color malva en sinal de repulsa neste mural”.
A responsable municipal recordou que “dende o Concello invitamos ao CEIP Juan Rey a participar durante o recreo neste acto simbólico. Pero tamén facemos un chamamento a todas aquelas persoas que se acheguen a Lourenzá e aos veciños da vila para que non teñan reparo en acudir á praza do Conde Santo e pintar coas súas mans un símbolo de repulsa a estes actos tan macabros algunhas veces. Ademais, ás 16:30 da tarde haberá unha charla no salón de actos do Concello que levará por título Violencia de xénero, enfoque social e legal. A charla será impartida polo Centro de Información á Muller. E xa para rematar, faremos a lectura dun manifesto diante do mural onde contamos que xa estean as mans do maior número de nenos e adultos que pasen por alí”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



