Ribadeo, 3 de novembro de 2014. Este luns firmouse no salón de plenos do Concello ribadense a renovación do convenio de colaboración entre o propio Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para os vindeiros tres anos. O acordo permitirá que ACISA reciba unha achega municipal de 12.000 euros para este ano, 13.000 para 2015 e 14.000 para 2016. Tanto o alcalde Fernando Suárez, como o presidente de ACISA, Roberto Ramos, subliñaron a importancia que o comercio de proximidade ten para Ribadeo.
O rexedor destacou que “hoxe firmamos este convenio de colaboración de tres anos entre o Concello e a Asociación de Comerciantes, despois de que hai un tempo fora referendado polo pleno da Corporación cunha amplísima maioría, que permitiu que saíse adiante esta liña de traballo na que dende hai anos o Concello e a Asociación vimos traballando estreitamente nun proxecto para potenciar un dos sectores máis importantes que temos en Ribadeo, a falta doutros que tamén deberan ser importantes, pero que lamentablemente non o son”. Fernando Suárez dixo que “o sector servizos é a día de hoxe o motor económico de Ribadeo, Ribadeo é a día de hoxe a capital comarcal da Mariña e do Occidente asturiano para moitos aspectos positivos, e trátase de seguir traballando na medida das posibilidades sempre que economicamente así o poidamos, e de aí que volvésemos firmar un convenio económico de colaboración no que ademais nos seguintes anos vai subir un pouco máis a achega económica do Concello. Significando isto que neste ano vai a ser de 12.000 euros, no vindeiro ano de 13.000 e no seguinte 14.000 euros”.
Suárez Barcia indicou que “dende o Concello pensamos que o comercio de Ribadeo é unha panca para promover os produtos locais e para contribuír a fixar empresas ao territorio e xerar postos de traballo en toda esta cadea de subministro. E sobre todo o que queremos con este convenio é apostar por reforzar o dinamismo, a innovación e a adaptación permanente promovendo a innovación como un valor de cambio. Tamén queremos potenciar o aproveitamento das sinerxías entre o comercio e o turismo, xa que hai que ter en conta que o turismo para Ribadeo está a ser algo que nos últimos anos está a coller un peso moi importante, ben sexa polo seu casco vello, pola súa praia máis internacional das Catedrais ou pola nosa costa practicamente virxe cunhas condicións idóneas para facer delas Parque Natural. Queremos seguir apostando por consolidar un modelo comercial de proximidade, creador de emprego profesional e cunha oferta diversificada, plural, dinámica e innovadora, que penso que son os pasos nos que está indo o comercio de Ribadeo”.
O alcalde ribadense considera que “é moi fácil ir a Xixón, A Coruña ou a Lugo hoxe en día, pero temos que loitar contra todo iso. Penso que no resultado final entre a xente que pode ir e pode vir, é moitísima máis a xente que ven a Ribadeo a comprar, a pasear, a pasalo ben e a deixar o seu diñeiro aquí. Polo tanto, trátase de algo que dende o Concello, e grazas aos compromisos que temos neste convenio, trataremos de seguir renovando e rematando rúas para facelas máis atractivas. Aí temos o compromiso de seguir adiante coa rúa Ramón González para acabala canto antes poidamos mellor e meternos con outra, que está longamente demandada, coma é a rúa San Roque, que aínda que non está moi mal si necesita un amaño en profundidade. Ademais temos que seguir actuando con estas políticas de impulso de amañar as fachadas e o estado dos inmobles en Ribadeo. Penso que neste sentido estamos a ser un referente para toda a comarca e todo o país logrando poñer en valor un patrimonio que nun inicio é privado, pero que acaba sendo colectivo e público no feito de ter un casco vello e unha vila bonita e amañada”.
Fernando Suárez dixo que “a min cónstame que os comerciantes están a dar o mellor de si para ser innovadores, a pesar do momento económico malo, e para que Ribadeo sempre sexa un exemplo marabilloso ao que haxa que vir. E así o fai moita xente as fins de semana polo seu mercado dos domingos, porque ese día se abre e porque sempre hai moitas cousas que facer dende o punto de vista cultural e de ocio que fan que Ribadeo siga a ser un modelo. Por todo isto, estamos orgullosos dende o Concello de seguir axudando economicamente, e con outros tipos de colaboracións non económicas que tamén levamos adiante entre ACISA e o noso Concello”.
Pola súa parte, o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Roberto Ramos, engadiu que “desde nuestra asociación, en representación de los más de 200 asociados que la componen, queremos agradecer al Ayuntamiento que hayamos renovado este convenio que nos ayudará a realizar muchas de las actividades que tenemos previstas para los próximos tres años. También queremos referirnos al comercio de proximidad que ha sufrido mucho durante los últimos años por la crisis, pero la realidad es que los comerciantes ribadenses día a día se esfuerzan por ofrecer un servicio adecuado a todos los turistas y ciudadanos de Ribadeo. Este comercio de proximidad es uno de los motores más importantes de la villa. Da vida a las calles, es fuente de trabajo y creación de riqueza y cohesión social y desde una perspectiva más amplia significa que el comercio hace villa y sirve de motor para construir la realidad en la que viven los ribadenses y las ribadenses”.
Ramos afirmou que “con este convenio, y con el esfuerzo del Concello, de la asociación y de los propios comerciantes, conseguiremos que el comercio se revitalice. Parece que ya se empieza a ver el fondo del agujero y que gracias a la gran cantidad de turistas que tenemos, el comercio se empieza a revitalizar de nuevo. Nosotros seguiremos trabajando de la mano de las distintas administraciones que colaboran con nosotros, y a las que agradecemos su apoyo, para que así sea. En especial, queremos dar las gracias al Ayuntamiento por este apoyo que se certifica con este convenio trianual”.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



