Ribadeo, 12 de novembro de 2014. O Concello modificará no pleno ordinario da vindeira semana varias ordenanzas co obxectivo de regular o mercado dos sábados, que se sitúa nas inmediacións da praza da abastos; e o mercadiño artesán de Rodríguez Murias. O alcalde, Fernando Suárez, tamén asegurou que se modificará, para facer un axuste técnico, a ordenanza que regula as terrazas dos bares e dos restaurantes.
O rexedor contou que “nestas comisións informativas previas ao pleno ordinario da semana que ven imos ver un pequeno axuste que vamos facer na ordenanza de mercados e venda ambulante para simplemente tratar de darlle unha cobertura legal a algo que sempre foi e continuou nestes últimos tempos, como é o mercado dos sábados. Máis aló do mercado do mércores, que é o máis potente e singular, e tamén o mercado dos domingos, que celebramos no verán, tamén de sempre hai unha venda por parte de produtores locais dos seus excedentes a través dun pequeniño mercado que se celebra os sábados. Trátase de darlle unha cobertura legal e que ao mesmo tempo eles poidan estar cubertos xuridicamente sendo, como teñen que ser, produtores locais e ter todos os condicionantes que a lei marca para iso”. Ademais “tamén no que ten que ver co mercado de Rodríguez Murias, no que hai xente que vende artesanía sobre todo nas fins de semana, no verán, en Semana Santa e no Nadal, queremos darlle unha imaxe similar aos seus postos, que teñan unha certa uniformidade nas teas que teñan colocadas, nos horarios de venda, de montaxe e de desmontaxe; tratar de darlle unha certa unificación para que sexa máis atractivo”.
Na sesión ordinaria da vindeira semana e nas comisións informativas de mañá “outro dous puntos que analizarmos é a modificación puntual da ordenanza que regula as terrazas dos bares ou restaurantes. Aquí non queremos subir o prezo do metro cadrado, simplemente queremos facer un axuste técnico moi importante que non significa ningún incremento nin carga adicional. Parécenos unha cuestión de xustiza social e é que aqueles que durante un ano non paguen o prezo público da terraza ao ano seguinte non poderán montala. Trátase dunha cuestión de xustiza con respecto a maioría maioritaria dos que si o fan, porque a maioría maioritaria dos bares, restaurantes e mesóns que piden ocupación de vía pública págana conforme á ordenanza, pero hai algúns, os menos, que a poñen, pero logo non a pagan. Realmente na ordenanza non o tiñamos demasiado ben axustado e agora vamos facelo claro e nítido: o que neste ano 2014 non pague pola ocupación de vía pública que tivo por mesas, por cadeiras, por barrís, por terrazas, por toldos ou polo que fora ao ano seguinte non poderá montar esa terraza”, seguiu a relatar Fernando Suárez.
O alcalde ribadense indicou que “outro aspecto que queremos modificar puntualmente é no relativo a Ribadeo eventos, este programa que estamos levando a cabo dende hai anos no Concello e está dando moi bos resultados para a economía local, para o sector servizos, para a hostalería, para a restauración, que consiste en que cando alguén fai algún evento no auditorio, sempre que se meta neste programa, se dormen, se fan actividades en restaurantes ou en hoteis ou outros establecementos de Ribadeo nosoutros podemos eximilos de pagar as taxas do auditorio, por exemplo. Pero isto témolo para o auditorio, para as actividades culturais, pero non estaba ben para as actividades deportivas: é dicir, este partido que hai poucos días celebraron dous equipos internacionais, de Angola e de Guinea Ecuatorial, penso que é moi bo para a imaxe de Ribadeo e ademais para os hoteis que os reciben e para todo isto. Entón queremos que tamén as instalacións deportivas estean dentro deste paraugas de Ribadeo eventos. É o que se trata de modificar puntualmente”.
Suárez Barcia engadiu: “e finalmente hai un punto que trata dunha prórroga parcial do prazo de execución das obras de construción do centro de atención a persoas maiores. Isto é un axuste técnico entre anualidades para aceptar un escrito da UTE para que parte da xustificación que por contrato debían ter a final deste 2014 se poida pasar para 2015, significando que isto non vai cambiar para nada a data final de entrega das obras, que era na primeira parte de 2016. É polo tanto unha cuestión técnica que para nada vai cambiar o resultado nin o prazo final de entrega das obras senón que se trata de facer axustes, dado que si é certo que choveu moito nesta etapa anterior, houbo algúns problemas derivados de circunstancias climatolóxicas, que non son culpa da empresa pero o Concello pleno debe aceptar este cambio parcial”.



















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



