O equipo de Normalización Lingüística do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo celebrou este mércores o Magosto en colaboración co equipo de Biblioteca e os departamentos didácticos de Educación Física e Plástica.
Durante a xornada escolar o alumnado de 1º e 2º da ESO poido disfrutar coa práctica no pavillón deportivo de xogos tradicionais como a corda, a rá, a Mariola, o pano, as chapas ou os bolos baixo a coordinación do profesor de Educación Física do centro.
O alumnado de 3º da ESO traballou en distintos obradoiros de cabazas, monecas feitas con mazorcas de millo, marcapáxinas con material de refugallo e caixas chinesas. Cada rapaz escolleu con liberdade aquel que mellor se axustaba aos seus intereses e expectativas e crearonse deseños moi orixinais.
A recollida de cogomelos no monte, foi levada a cabo polo alumnado de 4º da ESO, que pese ao mal tempo meteorolóxico rexistrado, tiveron unha tregua para poder rematar o seu traballo sen choiva. Pola súa parte, o departamento de Bioloxía, fixo unha exposición no centro dos cogumelos recollidos.
O alumnado e profesorado dos ciclos formativos da rama agraria impartidos no centro mindoniense participou activamente coa mostra de asado das castañas e tamén engadiu ruido e ambiente festivo á celebración.
Durante a última media hora e coa música da gaita interpretada polo alumnado do centro, toda a comunidade educativa compartiu unas castañas asadas, uns doces feitos con froitos de tempada (noces, castañas e mazás) recollidos, en ocasións, da propia granxa e o orgullo de celebrar o noso Magosto sen terxiversar a nosa cultura creando falsos mitos. Tampouco faltaron os romances e a difusión do vocabulario do mundo das castañas.
O equipo directivo e o equipo de normalización lingüística queren agradecer a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente pola súa participación e colaboración activa na actividade.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



