CADERNOS DA VIAXE. O Papa Bergoglio ven de falar perante o Parlamento Europeo. Os eurodeputados de IU, ICV e AGE deixaron os seus escanos a xeito de protesta por un acto que coidaban confesional. Na Galicia, X.M. Beiras declarou que non lle importaba o que dixera Bergoglio, senón só a Igrexa como estrutura de poder que nega ás mulleres os seus dereitos.
Mentres, os eurodeputados de Podemos ficaban na Cámara e o seu líder, Pablo Iglesias, saúdaba o discurso do Papa. Un discurso no que Bergolgio dicía que os valores da democracia e da cidadanía son incompatíbeis co dominio dos axentes financeiros e que a dignidade da persoa é incompatíbel coa miseria e coa pobreza severa de tantos na Europa.
Cál e a resposta axeitada dende a laicidade democrática á revolución tranquila que está a desenvolver Bergoglio? Descoñecela, como fai AGE? Ou animala, como fai Pablo Iglesias?
Semella que a dúbida está fóra de lugar. Bergoglio está a desenvolver unha auténtica cruzada contra os abusos sexuais a menores e a corrupción na Igrexa onde está a arriscar moito, porque mesmo chega a desmontar a xerarquía alí onde pense que é preciso. É verdade que a exclusión feminina na Igrexa é inadmisíbel e seica non compre agardar grandes novidades a respecto deste tema nos anos vindeiros. Mais os avances son reais. Dende o punto de vista pragmático, Bergoglio é un aliado para as forzas que terman por máis democracia, máis cidadanía ou máis xustiza social, quer no ámbito galego ou estatal, quer no ámbito europeo. Tamén para desmontar o predominio extremista e españolista excluínte da xerarquía católica no Estado.
Outra razón esencial é a da liberdade relixiosa e ideolóxica. O teólogo galego Victorino Pérez Prieto xa nos aprendeu a grandísima achega de cristiáns como Castelao, Bóveda, Moncho Valcarce, Francisco Carballo, Torres Queiruga ou Pilar Wirtz na construción do galeguismo democrático. Defender que os cristiáns progresistas han continuar o seu tránsito cara á non crenza para construir unha alternativa transformadora vai contra os valores de liberdade e democracia que, supostamente, sosteñen os que tal propugnan.
Os cristiáns poden e deben construir democracia e cidadanía sen abdicar dos alicerces éticos e antropolóxicos da súa fe. Os valores da laicidade non esixen do anticlericalismo.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



