Burela, a 4 de marzo de 2014.- O Partido Popular de Burela, co alcalde do concello e presidente local, José María González Barcia, á cabeza, continúa a rolda de reunións con veciños e veciñas da localidade polos distintos barrios da vila. Este mércores 4 de novembro, ás 20.00 horas, será na Vila do Medio, en concreto na Taberna de Correa.
José María González Barcia manifestou que “hai unha serie de asuntos que lles interesa ós veciños. Un deles, cómo lles van afectar os impostos de cara a 2015. E nós estamos explicando a baixada dos impostos municipais e cómo repercute o PXOM na contribución urbana, ademáis de explicar a revisión catastral”.
O alcalde e presidente local do PP tamén indicou que “a xente quere saber os prazos de ampliación do hospital e en qué vai consistir; preguntan para cándo se rematará o acceso ó porto, e tamén se centran nos problemas e cuestións propios do seu entorno máis próximo, do seu barrio”.
Barcia manifestou que “estas reunión son mui constructivas, xa que nos permiten coñecer de primeira man o sentir da xente”.
Esta é a segunda reunión veciñal por barrios, xa que a primeira foi a semana pasada. O PP tén previsto realizar outras catro, nos barrios dos Castros, na zona centro, no barrio do Porto e no do Campón.