O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR no Concello de Viveiro a través do seu portavoz Antonio J. Bouza Rodil en base á lexislación vixente, presenta a seguinte:
MOCIÓN RELATIVA A SOLICITUDE POR PARTE DO CONCELLO DE VIVEIRO A PORTOS DE GALICIA DA CESIÓN DA CASA DO GARDA PEIRAOS NO MUELLE VELLO PARA USOS PÚBLICOS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Ante o inmemninte derrube de cinco dos oito galpóns do muelle vello de Viveiro por parte de Portos de Galicia, co que se dará inicio a tan ansiada liberación deste espacio que lle permitirá a nosa cidade continuar coa súa apertura ó mar e o mesmo tempo ampliar a zona de aparcamento, o Partido Popular de Viveiro cree conveniente que se solicite a este ente autonómico a cesión da chamada “Casa do Gardapeiraos”, unha casa empedrada que se adapta moi ben a súa contorna, neste caso o casco histórico de Viveiro
O Partido Popular pensa que a mencionada Casa debe de conservarse como sinal de identidade deste espacio portuario, ó mesmo tempo que podería ser aproveitada para distintos usos públicos, dende un centro de interpretación de temas relacionados co mar, ata facer unha distribución de locais para o seu uso por distintas asociacións do noso Concello ou convertila nun local de ocio que puidera ser explotado en rexime de concesión polo Concello. En definitiva multiples propostas que poderían estudiarse e aplicarse se o Concello de Viveiro dispuñese da cesión desta edificación singular do muelle vello.
Por estes motivos presentamos esta moción para a súa consideración e aprobación:
Que se solicite por parte do Concello de Viveiro a Portos de Galicia a cesión da “Casa do Gardapeiraos” do muelle vello para adicala a usos públicos.
En Viveiro a 3 de novembro de 2014.