Santiago, 21 de novembro de 2014.- A deputada do PPdeG Isabel García Pacín lamentou hoxe na Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento a “reiterada manipulación e terxiversación da realidade, por parte da oposición, ao respecto de Alimentos Lácteos”. “Está claro que o único que pretenden é facer lume desta iniciativa e, de todas as empresas que a Xunta apoia e avala, a través de Xesgalicia e o Igape, é a única que lles interesa para a súa utilización política, manipulando e terxiversando a información á xente en beneficio partidista” segundo García Pacín.
A deputada popular reiterou na súa intervención que “a Xunta está comprometida co sector lácteo e en facer viable empresas galegas, tal e como se aprobou nun acordo parlamentario na anterior Lexislatura no Parlamento para fomentar o apoio institucional de proxectos de base cooperativa”.
Nembargantes, indicou García Pacín, “a Xunta non ten responsabilidade directa en decisións que se toman non ámbito das empresas privadas” xa que “despois de apoiar proxectos produtivos que se consideran estratéxicos para Galicia as decisións atañen aos responsables da empresa ou a xestión privada”.
“A responsabilidade da Xunta é apoiar todos os proxectos viables onde se fomente o asociacionismo das cooperativas, a suma das cooperativas, para fortalecer ao sector, pero a Xunta non participou na xestión de Alimentos Lácteos nin na toma de decisións e a situación actual así o admite porque hai responsables directos desa xestión”.
Venda directa produtos agrícolas
Ao respecto do etiquetaxe na venda directa de produtos agrícolas a deputada popular defendeu a medida como “beneficiosa e demandada por parte do consumidor que incide na salubridade, na calidade e na trazabilidade dos produtos da propia explotación”
“O que se está a facer é regular que producións alleas non compitan de forma desleal como xa se estaba a producir, e tratar de buscar así mesmo outras vías de comercialización con maior rendabilidade para os excedentes” indicou García Pacín.
A deputada popular sinalou ante a actitude da oposición que “si se regula porque se regula e se non porque non” e lamentou “ a confusión xenerada ante a normativa que pretende regular a venda directa e en canto aos produtos concretos e as cantidades limitadas que van a estar suxeitos a esa regulación, no canto de informar e trasladar os beneficios da norma”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



