Burela, 22 de novembro de 2014.- O Burela Pescados Rubén suma a súa oitava vitoria consecutiva tras impoñerse con claridade (5-0) no derbi galego ante o Ourense Enviália que tivo que claudicar ante a superioridade laranxa. O triunfo local levou a firma de Peque que cun hat trick protagonizou a goleada burelesa. O inicio do encontro vaticinou o resultado final xa que a escuadra mariñá saíu moi enchufada ao partido sometendo a un Ourense que tiña que conformar con defenderse e buscar algún contragolpe. No minuto seis chegou recompensa local, Peque abriu o marcador cun bo disparo. Acto seguido as ourensás gozaron da súa mellor ocasión pero Patri evitou o empate gañando a partida a Sara Moreno no man a man. Tras uns minutos de igualdade coas visitantes exercendo mellor a presión, as burelesas comezaron a sumar méritos para aumentar a renda. Claudia desaproveitou unha asistencia de Maite e Shio enviou o balón ao pau pero na seguinte oportunidade a nipona non perdoou. Maite roubou o esférico en zona alta e tras gañar a liña de fondo asistiu a Shio que marcou o 2-0, minuto 17. No tramo final as laranxas desarbolaron ao Ourense Enviália e finalmente Tainã rendibilizou as ocasións creadas para encamiñar a vitoria co 3-0. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación as ourensás apostaron desde o inicio polo xogo de cinco. A súa lentitude e imprecisión na circulación sumado á boa defensa laranxa derivou nun suicidio das pupilas de Óscar Vivián. Peque castigou o atrevimento visitante marcando o 4-0 desde media pista, minuto 23. Insistiu o Ourense na súa aposta que resultou inútil e Peque marcou o 5-0 tras un novo roubo de balón que acabou enviando con clase ás redes ourensáns. Restaban sete minutos para o desenlace que non modificaron o marcador (5-0) dun partido no que o Burela Pescados Rubén mostrou a súa mellor versión e gañou con autoridade e merecemento.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Patri, Maite, Bea Mateos, Peque, Shiori –cinco inicial- Tainã, Claudia, Lara, Paula, Cris.
Ourense Enviália: Vanessa, Anita, Laura, Marta, Sara Moreno –cinco inicial- Bea Seijas, Chiqui, Rosángela, Vero, Peke.
Goles: 1-0, m.6, Peque; 2-0, m.17, Shiori; 3-0, m.20, Tainã; 4-0, m.23, Peque; 5-0, m.33, Peque.
Tarjetas: Amarilla a Bea, Anita en el Ourense Enviála.
Árbitros: Amor Vizoso, Pena Pereira. Ferrol
Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada da Primeira División RFEF. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 400 espectadores.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
